Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 1 de abril de 2022 Páx. 21170

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 24 de marzo de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, polo que se modifica o Anuncio do 9 de marzo polo que se convoca a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefe/a de equipo de mantemento.

Advertido erro no citado anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 56, do 22 de marzo de 2022, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Modificar nas bases da convocatoria, expostas no taboleiro de anuncios de Recursos Humanos do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), as funcións do posto convocado. Onde di: «A xornada laboral será na quenda fixa de mañá. Coordinándose co xefe de equipo da quenda», debe dicir: «A xornada laboral será na quenda rotatoria complexa».

Ampliar o prazo de presentación de solicitudes en vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

Ferrol, 24 de marzo de 2022

Ángel José Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol