Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 31 de marzo de 2022 Páx. 21010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 16 de marzo de 2022 polo que se notifica a resolución de liquidación provisional de gastos de execución subsidiaria no expediente 107B 2001/80-0.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 25 de febreiro de 2022, ditou resolución pola que se aproba a liquidación provisional dos gastos de execución subsidiaria á entidade co CIF B36785954, ao interesado co DNI 36053801J e á sociedade co CIF B36956589, ditada no expediente 107B 2001/80-0.

Ao non se poder realizar a notificación persoal da resolución, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a dita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística