Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 31 de marzo de 2022 Páx. 20981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Bueu (expediente IN407A 2021/296-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, nº 38, 28028 Madrid.

Denominación: reforma LMT CII818 e CS no polígono de Castiñeiras.

Situación: Bueu.

Descricións técnicas: reforma da LMT CII818 coas seguintes actuacións:

• Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV con condutor tipo LA 56 en dous tramos. O primeiro tramo ten 69 metros de lonxitude con orixe no apoio existente 9SUB6936//12-3 e final no apoio proxectado CH-1600/13. O segundo tramo é de 89 metros de lonxitude con orixe no apoio proxectado C-2000/14 e final no apoio existente 9SL54MQ6//12-14.

• Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor tipo RHZ en catro tramos. O primeiro tramo ten 19 metros de lonxitude con orixe no apoio proxectado CH-1600/13 no tramo da LMT CII8181100 e final na LMTS existente CII8181113. O segundo tramo é de 14 metros de lonxitude con orixe na LMTS existente CII8181216 entre o CS Castiñeiras (36CTY7) e CT polígono II (36CKV5) e final no CS proxectado. O terceiro tramo de 19 metros de lonxitude ten orixe no CS proxectado e final no CT polígono II (36CKV5). O cuarto tramo de 73 metros de lonxitude ten orixe no CS proxectado e final no apoio proxectado C-2000/14, alimentando desta maneira o CT Nodosa (36PDL4).

• Centro de seccionamento (CS) compacto de manobra exterior 3L+TT coas dúas celas de saída telecontroladas vía GPRS/3G en envolvente prefabricada de formigón.

• Retirada do centro de transformación (CT) Miranda Freire (36AL92) de tipo intemperie de 160 kVA.

As instalacións están situadas no polígono de Castiñeiras, no concello de Bueu (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica), durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 9 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2021/296-4.

Denominación: reforma LMT CII818 e CS no polígono de Castiñeiras.

Concello: Bueu.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT

Afeccións

m2

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Castiñeiras

Urbana

71440H4NG1874S0001WK

Nodosa

1

13,03