Mediante este anuncio faise público que mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 8 de marzo de 2022, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que se describe:
Identificación e localización: parcela número 720 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 299,15 m2.
Data da resolución do outorgamento: 24.10.2019 (DOG núm. 208, do 31 de outubro).
Remate da vixencia: 1.11.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Actuais titulares: Rosario Porto Maneiro (***6231**) e Santiago García Abalo (***6420**).
Nova titular: Nellys Polo Ospino (***4124**).
A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.
Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 9 de marzo de 2022
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo