Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 30 de marzo de 2022 Páx. 20602

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2022 pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 8 de xuño de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a adquisición e instalación de dispositivos de medición do caudal por comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convoca para o ano 2021 (código de procedemento AU301B).

O 23.6.2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 8 de xuño de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia non competitiva, para a adquisición e instalación de dispositivos de medición do caudal por comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento administrativo AU301B).

A Dirección de Augas de Galicia, por delegación da Presidencia de Augas de Galicia, ditou resolución de concesión de axudas aos beneficiarios.

Segundo o recollido na Resolución do 8 de xuño de 2021, citada, debe publicarse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Augas de Galicia a relación das subvencións concedidas.

As axudas fináncianse con cargo á conta financeira 6568 (subvencións de capital a familias e institucións sen fins de lucro) da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

De conformidade co previsto nos artigos 13 e 23 da Resolución do 8 de xuño de 2021, xa citada,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial de Augas de Galicia a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Disposición adicional primeira da Resolución do 8.6.2021;
DOG núm. 118, do 23 de xuño)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Detalle de axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 8 de xuño de 2021

Comunidade de usuarios beneficiaria

Importe da subvención concedida

Comunidade de Usuarios de Revolta

5.980,00 €

Comunidade de Usuarios de Augas de Tomiño

11.697,08 €

Comunidade de Usuarios do Rexidouro, A Pedra e O Barro

10.962,00 €

Comunidade de Usuarios de Foxaco

2.200,00 €

Comunidade de Usuarios de Parada e Rocha

12.000,00 €

Comunidade de Usuarios de Estás-Tomiño

11.688,00 €

Comunidade de Augas Calvelo 16-Cotobade

2.767,51 €

Comunidade de Usuarios de Roca

750,00 €

Comunidade de Usuarios de Ferreiros

350,00 €

Comunidade de Augas de Chaín

1.549,69 €

Comunidade de Usuarios de Augas da Feira

1.800,00 €

Comunidade de Usuarios de Augas Santos Xusto e Pastor

1.900,00 €

Comunidade de Augas Barrio de Saramagoso

10.456,62 €

Comunidade Aproveitamento de Augas de Budiño

950,00 €

Comunidade de Usuarios de Sobrada

11.338,24 €

Comunidade Traída de Augas de Cumiar

1.000,00 €

Comunidade de Usuarios de San Xurxo-Salcedo

1.000,00 €

Comunidade de Usuarios de Mourelle-Gargamala

11.208,96 €

Comunidade de Usuarios Fonte Vella de Baredo

3.506,37 €

Comunidade de Augas de Meira de Abaixo

11.911,00 €

Comunidade de Usuarios Poñe

6.000,00 €

Convenio de Usuarios Fonte do Pobo

6.000,00 €

Comunidade de Usuarios de San Xurxo de Sacos

12.000,00 €

Comunidade de Usuarios Traída de Augas Mougás Porto

11.960,85 €

Comunidade de Usuarios de Atios

5.925,85 €

Comunidade de Usuarios de Xestoso

11.253,00 €

Comunidade de Usuarios de Torneiros

1.685,60 €

Comunidade de Usuarios de Vilar-Pedornes

7.100,04 €