Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 30 de marzo de 2022 Páx. 20772

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Arcebispado de Santiago de Compostela

ANUNCIO de contratación das obras de restauración do pavillón historicista e do muro perimetral de San Martiño Pinario (Santiago de Compostela) (01/2022).

Entidade adxudicadora: Arcebispado de Santiago de Compostela.

Orzamento base de licitación: 1.148.005,37 € (IVE incluído).

Tipo de contrato: obra.

Tipo de procedemento: libre concorrencia.

Clasificación exixida aos licitadores: grupo K, subgrupo 7, categoría 4.

Criterios de adxudicación: criterios cualitativos que dependen dun xuízo de valor (30 %), criterios cuantitativos avaliables de forma automática (70 %).

A documentación poderá obterse na páxina web:

https://archicompostela.es/perfil-del-contratante/

Para máis información poderán contactar co Arcebispado de Santiago de Compostela, praza da Inmaculada, 1, Santiago de Compostela, teléfono 981 57 23 00.

Prazo de presentación de ofertas: vinte e seis días naturais desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, polo que o prazo finaliza o 25 de abril de 2022, ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2022

Fernando Barros Fornos
Ecónomo diocesano