Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 30 de marzo de 2022 Páx. 20685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PA 7/2022, interposto contra a Resolución do 31 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se rectifica a Resolución do 24 de agosto de 2021 pola que se resolven as axudas para os establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia (PR471C).

A Secretaría Xeral Técnica recibiu un oficio do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela polo que solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo PA 7/2022, interposto por Quenlla das Meigas, S.L. contra a Resolución do 31 de agosto da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se rectifica a Resolución do 24 de agosto de 2021 pola que se resolven as axudas para os establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia (PR471C).

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, esta secretaría xeral técnica remitiu o correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2022

Beatriz Cuíña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Xustiza e Turismo