Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 30 de marzo de 2022 Páx. 20738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 3 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanse mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas emprazándoas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por efectuadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 3 de marzo de 2022

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650A

Núm. expediente

Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

3600001-I/99

77001821Y

Suspensión 21.12.2021

3600583-I/21

39494525Y

Denegación 16.11.2021

ANEXO II

Procedemento BS650G

Núm. expediente

Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

3600313-X/16

X6318363X

Extinción 22.12.2021

3600211-X/20

X3780774B

Denegación 2.2.2022

3600125-X/21

35287681T

Caducidade 17.2.2022