Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 29 de marzo de 2022 Páx. 20443

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de estudo de detalle en Guntimil.

Aprobado inicialmente por acordo da Xunta de Goberno Local do 4 de marzo de 2022 o estudo de detalle de iniciativa privada de modificación das aliñacións nunha área delimitada no solo de núcleo rural de extensión de Guntimil, deste municipio elaborado en xuño de 2021 polo arquitecto Vítor Dorrio Conde e co que se propón exclusivamente completar e reaxustar as aliñacións establecidas no PXOM de Xinzo de Limia:

1. Suprímese a aliñación oficial fixada a 3,00 m da liña de cerramento na fronte da parcela. No seu lugar, establécese un recuamento mínimo de 3,00 m respecto da liña de cerramento.

2. Suprímese tamén o fondo máximo edificable establecido en 14,00 m. Non tería sentido por tratarse dunha tipoloxía edificatoria de vivenda unifamiliar onde non se persigue a uniformidade.

3. Mantéñense os recuamentos exixibles a lindes laterais e posterior (3,00 m).

4. Non se modifican os parámetros xa establecidos de ocupación (25 %) e de edificabilidade (0,6 m2/m2).

En cumprimento do Acordo da Xunta de Goberno Local do 4 de marzo de 2022 e do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública, quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións e as suxestións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial do estudo de detalle leva a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por el, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Xinzo de Limia, 7 de marzo de 2022

Elvira Lama Fernández
Alcaldesa