Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 29 de marzo de 2022 Páx. 20433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de recursos de alzada contra as bases de reestruturación respecto do proceso de concentración parcelaria da zona de Cercio (Lalín-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural en Lalín-Pontevedra, rúa Polideportivo, nº 1, baixo (teléfono 886 15 94 52), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación terase por producida desde o día da súa publicación.

Pontevedra, 11 de marzo de 2022

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

1087/19

Pablo Méndez Montoto

Resolución recurso de alzada bases

1604/19

María Isabel Galego Riádigos

Resolución recurso de alzada bases

1374/19

Manuel Gómez Sánchez

Resolución recurso de alzada bases