Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 29 de marzo de 2022 Páx. 20411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan a I-DE Redes Eléctricas Inteligentes, S.A.U. a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para o proxecto de substitución dos apoios 1 e 2 da LAT DC 31-Santo Estevo e 32-Os Peares da ST San Pedro (3180), nos termos municipais de Nogueira de Ramuín (Ourense) e Pantón (Lugo) (expediente IN407A 2019/44-3).

Feitos.

1. O 26.11.2019 a empresa I-DE Redes Eléctricas Inteligentes, S.A.U. presentou, ante a Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria (en diante, xefatura territorial), a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para o proxecto de substitución dos apoios nº 1 e nº 2 da LAT DC 31-Santo Estevo e 32-Os Peares da ST San Pedro (3180), acompañada da seguinte documentación (completada mediante escrito presentado o 19.12.2020), de conformidade coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica:

• Proxecto de execución titulado «Proxecto de substitución dos apoios nº 1 e nº 2 da LAT DC 31-Santo Estevo e 32-Os Peares da ST San Pedro (3180) no termos municipais de Nogueira de Ramuín (Ourense) e Pantón (Lugo)», asinado por Francisco Javier Martínez Muñoz, enxeñeiro industrial (colexiado nº 14.149, do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid), con data de decembro de 2019 e no que figura un orzamento de 29.682,97 €.

• Declaración responsable de competencia do técnico competente proxectista conforme ao establecido no anexo XIX do Decreto 51/2011, do 17 de marzo, polo que se actualiza a normativa en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CD do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (DOG nº 65, do 1 de abril).

• Declaración responsable do técnico competente proxectista, de cumprimento da normativa de aplicación nos termos dispostos no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Separatas técnicas do proxecto de execución para as entidades afectadas (ADIF, Concello de Nogueira de Ramuín, Concello de Pantón, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Servizo de Xestión Cultural da Consellería de Cultura e Turismo, Servizo de Conservación da Natureza da Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda).

O obxecto do citado proxecto é o de especificar as condicións técnicas de execución e económicas para a substitución dos apoios números 1 e 2 da LAT DC 31-Santo Estevo e 32-Os Peares da ST San Pedro (3180) e que afecta os concellos de Nogueira de Ramuín (Ourense) e de Pantón (Lugo), este último logo do cruzamento do Río Sil, iso, co gallo da súa modernización para que non interfiran cos labores de mantemento das tomas de augas da Central Hidroeléctrica de San Pedro, de titularidade de Iberdrola Generación, S.A.U., e tamén para que poidan cumprir cos requisitos técnicos do Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas aéreas de alta tensión. As características técnicas que quedan reflectidas neste proxecto poden resumirse do seguinte xeito:

• Modificación da LMT interprovincial a 20 kV (DC): 31-Santo Estevo e 32-Os Peares da ST San Pedro, con 454 m en condutor aéreo tipo LA-56 e 120 m en condutor soterrado tipo HEPRZ1 3×1×240 AL+H16, e a substitución dos seus apoios 01 e 02 por novos apoios metálicos en fuste C-9000/16 (1N) e C-4500/20 (2N).

• A instalación proxectada ten a súa orixe, en subterráneo, na ST San Pedro (3180) no concello de Nogueira de Ramuín (Ourense), e finaliza no apoio existente nº 3, no concello de Pantón (Lugo).

2. Con datas do 2.12.2019 e 10.1.2020, a xefatura territorial, de conformidade cos artigos 127 e 146 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitou informe ás seguintes entidades, con bens ou dereitos afectados polo proxecto de referencia: ADIF, Concello de Nogueira de Ramuín, Concello de Pantón, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Servizo de Xestión Cultural da Consellería de Cultura e Turismo, Servizo de Conservación da Natureza da Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

As entidades que contestaron (ADIF, Concello de Nogueira de Ramuín, Concello de Pantón e Dirección Xeral de Patrimonio Cultural) emitiron condicionado técnico ao respecto, do que se deu traslado a I-DE Redes Eléctricas Inteligentes, S.A.U., quen manifestou a súa conformidade cos mesmos.

Ao respecto das entidades que non contestaron (Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Servizo de Conservación da Natureza da Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda) á petición de informe, nin á súa reiteración, enténdese a súa conformidade coa autorización da instalación, conforme ao disposto no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo das autorizacións que lles corresponda outorgar.

3. O 3.7.2020 a xefatura territorial, logo de rematada a instrución do expediente IN407A 2019/44-3, deu traslado deste á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para os efectos de ditar a correspondente resolución de autorización. No expediente constan os seguintes certificados/informes emitidos o 1.7.2020 polos servizos técnicos da xefatura territorial:

• Certificado indicando que non se presentaron alegacións.

• Informe indicando que o proxecto de execución cumpre os requisitos técnicos necesarios.

• Informe indicando que se cumpriron os trámites regulamentarios previstos para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establece a estrutura orgánica desta consellería (DOG nº 18, do 25.1.2018), Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e na Orde do 10 de xuño de 2016, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sobre delegación de competencias en diversos órganos desta consellería (DOG nº 131, do 12 de julio).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

• Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

• Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 do marzo).

3. Informe emitido o 1.7.2020 polos servizos técnicos da xefatura territorial, concluíndo que na instrución do expediente IN407A 2019/44-3 se cumpriron os trámites regulamentarios para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción.

De acordo co que antecede e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

1. Outorgar a I-DE Redes Eléctricas Inteligentes, S.A.U. a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para o proxecto de substitución dos apoios nº 1 e nº 2 da LAT DC 31-Santo Estevo e 32-Os Peares da ST San Pedro (3180), nos termos municipais de Nogueira de Ramuín (Ourense) e Pantón (Lugo) (expediente IN407A 2019/44-3).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

1. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución titulado «Proxecto de substitución dos apoios nº 1 e nº 2 da LAT DC 31-Santo Estevo e 32-Os Peares da ST San Pedro (3180) no termos municipais de Nogueira de Ramuín (Ourense) e Pantón (Lugo)», asinado por Francisco Javier Martínez Muñoz, enxeñeiro industrial (colexiado nº 14.149, do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid), con data do decembro de 2019 e no que figura un orzamento de 29.682,97 €.

2. A empresa promotora, I-DE Redes Eléctricas Inteligentes, S.A.U., asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

3. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que se diten en aplicación da citada facultade.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de posta en servizo ante a xefatura territorial, acompañada da documentación exixible de acordo co punto 3 da ITC-LAT 04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro.

5. En canto aos bens e dereitos afectados polas instalacións que se autorizan e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a empresa promotora procederá a realizar os correspondentes cruzamentos e afeccións de acordo cos condicionados e informes emitidos por estes.

6. A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

7. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas