Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 28 de marzo de 2022 Páx. 20283

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas áreas da Magdalena e Ferrol Vello, A Graña e Esteiro Vello, Plan estatal de vivenda 2018-2021, anualidade 2021.

O 16.3.2022, o concelleiro delegado de Vivenda e Rehabilitación aprobou as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas áreas de rexeneración e renovación urbana dos barrios da Magdalena e Ferrol Vello, A Graña e Esteiro Vello, no concello de Ferrol, referidas aos convenios entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a Comunidade Autónoma de Galicia e o Concello de Ferrol, do 1.12.2021, con base no Plan estatal de vivenda 2018-2021, Real decreto 106/2018, do 10 de marzo, anualidade 2021.

O texto íntegro da convocatoria publícase no BOP e na páxina web do Concello de Ferrol (enderezo https://www.ferrol.gal/rehabilitacion). O telefono da Oficina de Rehabilitación, 981 94 40 65, estará dispoñible en horario das 9.00 ás 14.00 horas para as consultas ao respecto. Os anuncios da convocatoria publicaranse no DOG e no taboleiro de anuncios do Concello de Ferrol.

Deberanse presentar as solicitudes xunto coa documentación preceptiva descrita na convocatoria, mediante os impresos normalizados, no Rexistro do Concello de Ferrol ou por calquera medio dos admitidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas da mañá do día 4 de maio de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes coa documentación prevista no punto 12 prolongarase ata o día 30 de abril de 2026 ou ata o esgotamento do crédito dispoñible ou do número de intervencións concedidas, se se producen con anterioridade.

Os impresos normalizados estarán dispoñibles no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol e na súa páxina web (https://www.ferrol.gal/rehabilitacion).

Ferrol, 17 de marzo de 2022

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 8.7.2019; BOP nº 137, do 22 de xullo)
Julián Reina Villalón
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Infraestruturas, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Contratación, Centro de Recursos Informáticos e Organización Interna