Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 25 de marzo de 2022 Páx. 19860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 11 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de terminación por recoñecemento de responsabilidade e pagamento voluntario do expediente sancionador 20210508AE-LU por infracción en materia de saúde pública.

Non se puido notificar a resolución do expediente sancionador 20210508AE-LU incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo á persoa titular do DNI 33304918K.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE). A persoa interesada ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

A resolución non pon fin á vía administrativa e poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 114, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 11 de marzo de 2022

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 20210508AE-LU.

DNI da persoa interesada: 33304918K.

Último enderezo coñecido: rúa Lamas de Prado, 136, 1º D, 27004 Lugo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia de saúde pública.