Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 24 de marzo de 2022 Páx. 19590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Babcock Kommunal MBH e Técnicas Medioambientales Tecmed, S.A.-UTE (Albada), para a planta de tratamento de residuos urbanos da Coruña (expediente 2020-IPPC-M-19).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE. núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE. núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación presentada polo titular para que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2020-IPPC-M-19.

Número da autorización ambiental integrada: 2014-IPPC-35-281.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 5.4.a), do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Babcock Kommunal MBH e Técnicas Medioambientales Tecmed, S.A.-UTE (Albada).

Dirección da instalación: Poltros-Nostián s/n, concello da Coruña (A Coruña).

Actividade principal: clasificación dos residuos para separar os materiais recuperables contidos nos residuos urbanos e tratamento da materia orgánica mediante dixestión anaerobia para a obtención de enerxía ou mediante a fermentación para a obtención de compost.

As instalacións que compoñen o centro de tratamento de residuos urbanos son a planta de pretratamento mecánico, a nave de selección e clasificación, a planta de xestión dos refugos (nave CDR), a nave de deshidratación e biodixestión, a nave de compostaxe aerobia, afinado e biofiltro, o vertedoiro de residuos non perigosos pendente de selaxe e a estación depuradora de augas residuais.

A planta de tratamento de residuos urbanos da Coruña consta de 3 liñas de produción para o tratamento diferenciado da fracción orgánica e a fracción inorgánica de recollida selectiva municipal (unha liña de 10 t/h e dúas liñas de 25,5 t/h). Á saída destas liñas, os residuos van á nave de deshidratación e biodixestión e/ou nave de compostaxe. Como produtos derivados dos procesos desenvolvidos na instalación obtense biogás (resultado dun proceso de catro fases de degradación anaerobia da materia orgánica pretratada mecanicamente), compost (obtido mediante un proceso de fermentación aerobia) e material de recuperación.

Verteduras: as augas residuais industriais do proceso son tratadas na planta de tratamento de lixiviados e vertidas ao colector municipal con tratamento final na EDAR de Bens. As augas residuais sanitarias procedentes dos aseos e vestiarios das instalacións son tratadas na planta de tratamento de lixiviados e vertidas ao colector municipal con tratamento final na EDAR de Bens. As augas residuais pluviais que se recollen na cuneta perimetral son canalizadas e vertidas ao colector municipal sen depuración previa e con tratamento final na EDAR de Bens.