Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2022 Páx. 19231

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2022 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Proxectos Arquitectónicos.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 29 de outubro de 2022 (BOE do 16 de novembro), para a provisión da praza número 21/034 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Proxectos Arquitectónicos, departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición desta universidade, a favor de Ricardo Sánchez Lampreave, con DNI ***8689**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ricardo Sánchez Lampreave profesor titular de universidade da área de coñecemento de Proxectos Arquitectónicos, departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 14 de marzo de 2022

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña