Mediante o Acordo do 18 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, sometéronse a información pública (DOG núm. 204, do 22 de outubro) as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico) en relación co proxecto de modificación do parque eólico Canedo, nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo) (expediente LU-11/136-EOL).
De acordo co establecido no artigo 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 17 de xuño de 2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o referido parque eólico e, con base nos artigos 44 da mencionada Lei 5/2017, do 19 de outubro, e 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o 27 de xullo de 2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu declarar a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos. Por este motivo, a citada información pública fíxose polo prazo de 15 días.
Non obstante o anterior, vista a sentenza núm.18/2022 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, aínda que esta non adquiriu firmeza, con base no principio de seguridade xurídica sométese de novo a información pública, por un prazo de 30 días, a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico) en relación co proxecto de modificación do parque eólico Canedo, situado nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo) e promovido por Galfor Eólica, S.L. (expediente LU-11/136-EOL).
Antecedentes:
Con data do 3.8.2017, mediante o Acordo do Consello da Xunta, outorgouse a autorización administrativa previa e de construción e declarouse a utilidade pública, en concreto, do parque eólico de Canedo situado nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo), que se fixo pública mediante a Resolución do 22 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 189, do 4 de outubro).
Con data do 14.12.2020, Galfor Eólica, S.L. presentou solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación (procedemento IN408A) para a modificación substancial do proxecto denominado parque eólico Canedo (expediente LU-11/136-EOL), ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
Posteriormente, o día 26.2.2021 a mencionada sociedade solicitou a declaración de utilidade pública da instalación e a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiu o expediente a esta xefatura territorial o 24.9.2021, para continuar a súa tramitación.
De acordo co exposto, en cumprimento do establecido na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:
Solicitante/Promotora: Galfor Eólica, S.L.
Domicilio social: parque empresarial Alvedro, R/E-8 15180 Culleredo (A Coruña).
Denominación do proxecto: modificación do parque eólico Canedo.
Situación: concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo).
Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Mondoñedo, zona 2.
Potencia instalada: 13,5 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 3.
Produción neta anual estimada: 53.642 MW h/ano.
Orzamento total (execución material): 10.408.700,59 €.
Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:
Vértice |
Datum ETRS89 (fuso 29) |
|
UTM-X |
UTM-Y |
|
1 |
629.925,08 |
4.816.686,49 |
2 |
630.875,08 |
4.815.086,49 |
3 |
628.275,08 |
4.815.086,49 |
Coordenadas de localización dos aeroxeradores:
Aeroxerador |
Datum ETRS89 (fuso 29) |
Concello |
|
UTM-X |
UTM-Y |
||
C1 |
629.660,09 |
4.816.150,49 |
Mondoñedo |
C2 |
629.682,09 |
4.815.886,49 |
Mondoñedo |
C3 |
630.151,10 |
4.815.593,49 |
Mondoñedo |
Coordenadas de localización da torre meteorolóxica:
Datum ETRS89 (fuso 29) |
Concello |
|
UTM-X |
UTM-Y |
|
629.956,08 |
4.815.864,49 |
Mondoñedo |
Características técnicas principais das instalacións:
– Tres (3) aeroxeradores, modelo N163 do fabricante Nordex, de 4.500 kW de potencia nominal, cunha altura de buxeiro de 148 metros e cun diámetro de rotor de 163 metros.
– Tres (3) centros de transformación, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador, de 6.350 kVA de potencia nominal e relación de transformación 20/0,75 kV co seu correspondente equipamento de seccionamento, manobra e protección.
– Rede de interconexión soterrada de 20 kV, con condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3×1x(1×120) mm2 Al, para o enlace dos centros de transformación dos aeroxeradores C2 e C3 co C1, desde o cal se efectuará a evacuación da enerxía xerada a SET do parque eólico de Airas a través dunha liña de alta tensión soterrada de 20 kV xa autorizada.
– Unha (1) torre meteorolóxica de medición de 117,5 m de altura.
Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Obxecto da información pública:
– Proxecto de execución, modificación (de novembro de 2020), das instalacións para os efectos da súa autorización administrativa previa e de construción, declaración de utilidade pública, en concreto, que levará implícita, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.
– Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados e planos de parcelario, modificación (de outubro de 2021).
– Estudo de impacto ambiental, modificación (de novembro de 2020).
– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico), modificación (de novembro de 2020).
O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, así como en particular, dos/das propietarios/as dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da sección de Enerxía desta xefatura territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 88 90 87, así como nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo).
Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación na seguinte ligazón:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/canedo
Lugo, 14 de marzo de 2022
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Canedo
Predio nº |
Propietario |
Parcela |
Afeccións (m2) |
||||||||||
Nome e apelidos |
Datos catastrais |
Lugar |
Cultivo |
Pleno dominio |
Servidume de paso |
Servidume de voo |
Outras afeccións |
||||||
Polígono |
Parcela |
Zapata |
Plataforma |
TM |
Viais |
Gabias |
Protección eólica |
O.T. zona de acopio |
|||||
Concello de Mondoñedo |
|||||||||||||
1 |
Herminda Méndez Otero |
5 |
868 |
Coto Viñín |
Eucaliptus |
60 |
|||||||
2 |
José Campos |
5 |
871 |
Coto Viñín |
Eucaliptus |
1.160 |
|||||||
4 |
M.V.M.C Figueiras Pte.: Leonardo Eiroá Rivas |
5 |
879 |
Coto Viñín |
Piñeiral madeireiro + matogueira + improdutivo |
1.801 |
12.043 |
177 |
52.682 |
2.631 |
45.385 |
24.826 |
2.133 |
5 |
Comunidade de Veciños |
5 |
1278 |
Coto Viñín |
Piñeiral madeireiro + matogueira + improdutivo |
106 |
296 |
7.607 |
4.884 |
||||
6 |
María del Carmen Fernández García |
5 |
849 |
Tarreo |
Labor ou labradío secaño |
50 |
|||||||
8 |
Nivarda Fernández Fernández |
5 |
1277 |
Coto Viñín |
Prado + eucaliptus |
313 |
|||||||
9 |
Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido) |
5 |
1276 |
Coto do Pombo |
Piñeiral madeireiro +improdutivo |
0,21 |
36 |
||||||
10 |
Higinio Otero Rejes |
5 |
935 |
Monte Pombeiro |
Eucaliptus |
17 |
|||||||
Concello de Alfoz |
|||||||||||||
11 |
Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido) |
68 |
147 |
Chao |
Matogueira + Piñeiral madeireiro |
643 |
|||||||
Administracións públicas afectadas |
|||||||||||||
Predio nº |
Propietario |
Parcela |
Afecciones (m2) |
||||||||||
Nome e apelidos |
Datos catastrais |
Lugar |
Cultivo |
Pleno dominio |
Servidume de paso |
Servidume de voo |
Outras afeccións |
||||||
Polígono |
Parcela |
Zapata |
Plataforma |
TM |
Viais |
Gabias |
Protección eólica |
O.T. zona de acopio |
|||||
3 |
Deputación Provincial de Lugo |
5 |
9028 |
LU-P-3108 |
Vial |
66 |
|||||||
7 |
Deputación Provincial de Lugo |
5 |
9007 |
LU-P-0211 |
Vial |
18 |