Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2022 Páx. 19113

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2022 pola que se concede a renovación da acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense e se procede ao nomeamento dos seus membros.

O Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia (DOG núm. 77, do 22 de abril), ten por obxecto determinar os fins, obxectivos, funcionamento, composición e procedemento de acreditación do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia e dos comités territoriais de ética da investigación, como órganos colexiados encargados da valoración ética, metodolóxica e legal dos estudos de investigación con seres humanos, o seu material biolóxico ou os seus datos de carácter persoal no seu respectivo ámbito de actuación.

O capítulo III do citado Decreto 63/2013 –artigos 7 a 10– regula os comités territoriais de ética de investigación e prevé a súa constitución, logo de acreditación, para tres ámbitos xeográficos de actuación, sendo un deles o de Pontevedra-Vigo-Ourense (que inclúe as áreas sanitarias do Salnés, Pontevedra, Vigo, Ourense e O Barco de Valdeorras).

Mediante a Resolución do 1 de febreiro de 2018 (DOG núm. 29, do 9 de febreiro) concedeuse a acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense, determinouse cal sería a súa sede e procedeuse ao nomeamento dos seus membros.

Unha vez transcorrido o período de catro anos, Alfonso José Casas Losada, presidente do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense, presentou escrito en que, ao abeiro do que dispón o artigo 11 do Decreto 63/2013, solicita a renovación da acreditación dese comité territorial.

Unha vez examinada a documentación presentada xunto coa devandita solicitude, e logo de comprobar o cumprimento do disposto nos artigos 9 e 11.4 do Decreto 63/2013, do 11 de abril, o 8 de marzo de 2022 o xerente do Servizo Galego de Saúde emitiu, con base no disposto no artigo 11.7 do dito decreto, unha proposta favorable á renovación da acreditación daquel comité, así como unha proposta de designación dos seus membros.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto no número 5 do artigo 9 e nos números 1, 8 e 9 do artigo 11, do Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia, e de acordo coa proposta efectuada polo xerente do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a renovación da acreditación do Comité Territorial de Ética de Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense, a cal se outorga por un período de catro anos, contados a partir da data da presente resolución.

Segundo. A súa sede coincidirá coa do Comité Autonómico de Ética da Investigación con Medicamentos de Galicia (CEIm-G) en Santiago de Compostela, no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, da Consellería de Sanidade.

Terceiro. Nomear como membros do Comité Territorial de Ética de Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense as persoas que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2022

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Membros do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense:

1. Marisol Aira Quintela.

2. Jorge Luis Arias Otero.

3. Paulo Bueno Capeáns.

4. Manuel Fernández Barreira.

5. Mª Elena Gallardo Martín.

6. Mª de las Mercedes Guerra García.

7. Adolfo Paradela Carreiro.

8. Eloy Sánchez Hernández.

9. Cristina Torreira Banzas.

10. Míriam Vázquez Campo.

11. Mª Asunción Verdejo González.

12. Luis Anibarro García.

13. Ana Batalla Cebey.

14. María Teresa López Monteagudo.