Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 71311000-1 (servizos de consultoría en enxeñaría civil).
4. Código NUTS do lugar principal do servizo: ES114 Pontevedra (Pontevedra).
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de redacción do proxecto construtivo de adecuación da capacidade de transporte da auga residual da estación de bombeo de Cocheiras á capacidade da estación depuradora de Praceres. Pontevedra (Pontevedra). Clave do expediente: OH.736.1213.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 102.928,70 euros. Importe total: 124.543,73 euros.
8. Valor estimado do contrato: 102.928,70 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.
9. Prazo de execución do contrato: 6 meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), descrición da metodoloxía proposta (ponderación 36 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), organización da execución dos traballos (ponderación 3 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 2 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 2 de novembro de 2021.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1. Ofertas totais: 10.
12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 7.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 2 de decembro de 2021.
14. Empresa contratista:
14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Novotec Consultores, S.A.
14.2. NIF: A78068202.
14.3. Enderezo: estrada N-VI Km. 582. 15168 Sada (A Coruña).
14.4. Código NUTS: ES111.
14.5. Correo electrónico: info@novotec.es
14.6. Fax: 981 01 45 50.
14.7. Teléfono: 654 31 52 08.
14.8. Pequena ou mediana empresa: non.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 77.453,85 euros. Importe total: 93.719,16 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2 «O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; actuación 6.2.1.3 «Ampliación e mellora da estación depuradora de augas residuais e do sistema de saneamento de Praceres» (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO). Operación «Mellora do saneamento e depuración do sistema de Praceres na ría de Pontevedra».
Deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.
17. Servizo de que se pode obter información sobre o contrato formalizado.
17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03.
17.7. Teléfono: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 21 de abril de 2021.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 2 de novembro de 2021.
Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 2 de decembro de 2021.
Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 13 de decembro de 2021.
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2022
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia