Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2022 Páx. 18893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Aro Campelo Gonte (Negreira-A Coruña), para ser notificado por comparecencia dunha modificación do acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de concentración parcelaria de Aro Campelo Gonte (Negreira-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración que lle afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 45 16, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberáse efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 23 de febreiro de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto notificado

Zona de concentración parcelaria

33147644K

Resolución modificación acordo

Aro Campelo Gonte (Negreira-A Coruña)