Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2022 Páx. 18905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela (procedemento abreviado 69/2022).

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 69/2022 (procedemento abreviado), interposto por Aránzazu Isabel Anadón Ruiz contra a desestimación do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 10 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación correspondentes ao primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria (categoría: facultativa/o especialista de área de Análises Clínicas) (DOG núm. 168, do 1 de setembro).

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2022

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos