Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2022 Páx. 18267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2022 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento abreviado 51/2022.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o procedemento abreviado número 51/2022, interposto por José Miguel Dorribo Rivera e Mª Elina Álvarez Villamarín contra a Resolución reitoral do 1 de decembro de 2021 pola que se convoca proceso selectivo para ingresar, como persoal laboral fixo do grupo I, na categoría de técnico/a superior de calidade polo sistema de promoción interna e de acceso libre.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 4 de marzo de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo