Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2022 Páx. 18058

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2022), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG421A).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 20 de decembro de 2021, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2022), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e facultar o director xeral para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e convocar para o exercicio 2022 as devanditas axudas, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG421A).

Esta convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %. En particular,

Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e da acuicultura (no caso do FEMP).

Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para medrar nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación.

Obxectivo específico 03.04.03: promover a internacionalización das pemes.

Actuación 03.04.03.01: apoio á promoción da cultura da internacionalización, apoio ao incremento da presenza nos mercados exteriores, establecemento dunha estratexia de posicionamento internacional de Galicia aliñada coa Estratexia Horizonte 2020 da UE.

Campo de intervención 066: servizos de axuda avanzados para pemes e grupos de pemes.

Liña de actuación 15: promoción da cultura de internacionalización, presenza nos mercados exteriores, estratexia de posicionamento internacional de Galicia, aliñación coa axenda estratéxica Horizonte 2020 da UE.

Os indicadores de produtividade e resultado correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de produtividade código-denominación: C001 Número de empresas que reciben axudas.

– Indicador de produtividade código-denominación: C002 Número de empresas que reciben subvencións.

– Indicador de resultado R031: número de empresas exportadoras.

Segundo. O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Código de proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2022

Ano 2023

Total

2016 00011

06.A1.741A.7814

900.000 €

1.100.000 €

2.000.000 €

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos, despois da declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Cuarto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de cinco meses contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, transcorrido o cal se poderá entender rexeitada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo de execución iniciarase o 1 de xaneiro de 2022, ben que o proxecto para o cal se solicita a axuda non poderá estar executado integramente no momento de presentar a solicitude de axuda, e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de setembro de 2022, para as solicitudes con accións que se van realizar ata esta data, e o 31 de marzo de 2023, para solicitudes con accións que se van realizar ata esta data. Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento. As accións realizadas entre o 1 de outubro de 2022 e o 31 de decembro de 2022 poderán ser imputadas ao 2023.

Quinto. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que se debe efectuar á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento do beneficiario.

Sexto. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2022), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

A internacionalización, como resultado exitoso do impulso colectivo das empresas da nosa rexión, especialmente para as pemes, supón a confirmación do valor engadido do seu modelo de negocio e, polo tanto, é una fonte de mellora continua da competitividade. Ademais, a internacionalización é o expoñente e dinamizadora dos atributos ligados á marca Galicia Calidade.

A internacionalización achega ás empresas a posibilidade de aumentar o seu tamaño e acadar maiores economías de escala, acceder a recursos inaccesibles ou caros no seu mercado de orixe, conseguindo economías de localización; mellorar a notoriedade e diferenciación dos seus produtos e marcas, entrar en contacto con consumidores máis exixentes e competidores máis eficientes que estimulan a súa innovación e o desenvolvemento tecnolóxico e, en definitiva, mellorar a súa eficiencia económica e capacidade competitiva en liña coa Estratexia galega de especialización intelixente (RIS3).

A internacionalización do tecido empresarial galego ten sido e seguirá sendo un dos eixos prioritarios de actuación dentro da política económica da Xunta de Galicia de cara a mellorar a súa competitividade e a acadar o crecemento económico. O Goberno galego aposta pola internacionalización das empresas galegas, mediante un modelo facilitador de información, servizos directos nos principais mercados internacionais, financiamento ás empresas para a súa entrada neles, formación e especialización de recursos humanos.

Unha aposta que se plasma na proposta da Estratexia da Xunta de Galicia de internacionalización da empresa galega 2021-2025, que inclúe entre os seus obxectivos o de lograr un significativo aumento na cantidade, calidade e no impacto efectivo das exportacións da empresa galega: aumento do número de empresas da base exportadora, procura e apertura de novos mercados, apoio na ampliación de cota de mercados con menor presencia e maior potencial de crecemento futuro, e consolidación de cota nos mercados maduros. En definitiva, este plan de internacionalización persegue unha fase de consolidación dos distintos esforzos e accións emprendidas ao longo dos últimos anos para estimular, fortalecer, expandir e consolidar a internacionalización das pemes galegas e os seus produtos e servizos.

En concreto, estas bases encaixan nos obxectivos dos seguintes eixes da Estratexia de internacionalización da empresa galega 2021-2025:

a) Eixe 3: acompañamento e dotación de medios. Obxectivo: maior presenza internacional; diversificación de mercados pero, sobre todo, de zonas xeográficas.

A Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, establece no seu artigo 4 como funcións do Igape, entre outras, proporcionar información sobre os mercados e favorecer o desenvolvemento das exportacións e dos acordos con empresas estranxeiras.

O Igape é xestor de fondos Feder do marco regulamentario 1420 no seguinte encaixe: obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes. Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados internacionais. Obxectivo específico 03.04.03: promover a internacionalización das pemes. Actuación 03.04.03.01: apoio á promoción da cultura da internacionalización, apoio ao incremento da presenza nos mercados exteriores, establecemento dunha estratexia de posicionamento internacional de Galicia aliñada coa Estratexia Horizonte 2020 da UE. Campo de intervención: 066: servizos de axuda avanzados para pemes e grupos de pemes. Liña de actuación 15: promoción da cultura de internacionalización, presenza nos mercados exteriores, Estratexia de posicionamento internacional de Galicia e aliñación coa axenda estratéxica Horizonte 2020 da UE.

Os indicadores de produtividade correspondente son o CO01, número de empresas que reciben axudas, e o CO02, número de empresas que reciben subvencións, e o indicador de resultado é o número de pemes exportadoras.

Para efectos de conseguir maior coordinación de axentes impulsores e apoialos todos dunha maneira equitativa, considérase axeitado unificar nestas bases o apoio a todo tipo de organismos que realizan accións de fomento da internacionalización da empresa galega (clústeres, asociacións empresariais, consellos reguladores e centros tecnolóxicos).

O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización conxunta da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países e a diversificación dos sectores internacionalizados.

Estas axudas están dirixidas a apoiar o esforzo realizado polos organismos intermedios para promocionar empresas galegas (que compartan similares intereses en determinados mercados) de xeito agrupado, aproveitando sinerxías e cooperando entre si, polo que se apoian as accións de promoción propostas e organizadas por entidades empresariais sen ánimo de lucro.

Esta liña de axuda compleméntase co programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización financiado con fondos propios do Igape, dado que se lles ofrece aos organismos intermedios solicitantes destas axudas a posibilidade de solicitar un bolseiro de promoción exterior para que os apoie na realización das accións de internacionalización para as cales solicitan esta axuda.

Compleméntase, ademais, coas liñas de axuda Galicia Exporta Empresas, Galicia Exporta Dixital, Foexga, Sinerxía e cos servizos do Igape á internacionalización.

A convocatoria desta liña de axudas será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución do director xeral do Igape. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

As axudas reguladas nestas bases outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 1. Proxectos obxecto de apoio

1. Estas axudas teñen como obxecto incentivar a posta en marcha de plans de internacionalización mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto, favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas. O Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de accións que beneficien un sector empresarial galego ou máis dunha empresa galega dun mesmo sector ou sectores complementarios, promovidas e desenvolvidas por organismos intermedios para facilitar a internacionalización das empresas que representan:

a) Misións empresariais directas ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro, así como aqueloutros eventos promocionais do tipo congresos, conferencias (exceptúanse as remuneradas), ou simposios que aínda que non teñan un compoñente expositivo como tal, permitan a promoción do sector e das empresas a nivel internacional e teñan lugar no estranxeiro, co obxecto de dar a coñecer no exterior as posibilidades das empresas, dos produtos e servizos galegos e/ou identificar boas prácticas, benchmarking e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación. Inclúense neste tipo de actividades a organización e participación en misións empresariais con axendas virtuais e visitas a feiras virtuais e/ou outros eventos expositivos virtuais que se celebren no estranxeiro ou estean dirixidos ao público estranxeiro.

b) Participacións e/ou organización propia de feiras ou eventos expositivos no estranxeiro ou incluídos no calendario de feiras comerciais internacionais publicado pola Secretaría de Estado de Comercio para o ano 2022 ou 2023 no Boletín Oficial del Estado, así como as feiras virtuais que se celebren no estranxeiro ou estean dirixidas ao público estranxeiro.

c) Misións empresariais inversas de importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescritores, empresas, profesionais ou organismos estranxeiros, co obxecto de dar a coñecer ao exterior as posibilidades das empresas e dos produtos galegos e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación. Así como a participación e/ou organización propia de eventos virtuais dirixidos ao público internacional (catas ou seminarios virtuais, xornadas de formación a prescritores...).

d) Campañas conxuntas de publicidade na prensa, revistas, televisión, internet ou outros medios, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro e sempre que se trate de campañas de promoción dun sector empresarial galego ou de varias empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses en determinados mercados.

e) Elaboración de material publicitario conxunto como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, e que contribúan á divulgación e ao coñecemento no estranxeiro, sempre que se realice para un sector empresarial galego ou para varias empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses en determinados mercados.

f) Contratación de bases de datos de intelixencia competitiva internacional.

g) Creación da plataforma aplicación de E-commerce para mercados internacionais (mercado en liña).

h) Xestión de tramitación de acordos de joint-ventures, contratos, certificacións, homologacións e rexistros de marca e patentes para o estranxeiro (inclúese o rexistro de códigos fonte).

i) Xestión de licitacións internacionais.

j) Accións cooperativas en destino para a implantación promocional ou a prospección de mercados.

k) Creación, adquisición ou contratación de plataformas que permitan o desenvolvemento e a organización de feiras, catas, seminarios, accións e xornadas de formación en modo virtual.

En cada acción deben participar un mínimo de dúas pemes galegas e/ou o organismo solicitante da axuda representando un mínimo de dúas pemes galegas.

2. Dadas as características das axudas, optouse por definir un método de custos simplificados baseado nas sumas a tanto global, acorde co establecido no artigo 67.1.c) do Regulamento (UE) nº 1303/2013, para os proxectos comprendidos nas letras a), b), c) (sempre que non sexan de carácter virtual); d) e e) do parágrafo anterior.

Os importes dos incentivos establecidos como sumas a tanto global calculáronse mediante un método xusto, equitativo e verificable, tomando como referencia os datos dos importes xustificados polos beneficiarios correspondentes aos proxectos obxecto de subvención nas convocatorias de axudas dos anos 2017, 2018 e 2019, conforme o disposto no artigo 67.5.a.ii) do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

3. So sé poderá presentar e aprobar unha solicitude por beneficiario, na cal se poderán incluír varias accións das mencionadas. No caso de presentar máis dunha solicitude, atenderase a primeira presentada, no caso de non mediar desistencia ou renuncia da anterior.

Artigo 2. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As axudas recollidas nestas bases incardínanse no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro); para as empresas do sector pesqueiro, no artigo 1 do Regulamento (CE) nº 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño), e para as empresas do sector agrícola, no artigo 1 do Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316, da Comisión, do 21 de febreiro (DOUEL 51, do 22 de febreiro).

4. Esta convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %. E, en particular, o obxectivo temático 03, prioridade de investimento 03.04, obxectivo específico 03.04.03, actuación 03.04.03.01, campo de intervención 066, liña de actuación 15. Os beneficiarios están sometidos ás obrigas de información e difusión establecidas na regulamentación da UE, en particular, ás establecidas no anexo XII, punto 2.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro (DOUE L 347, do 20 de decembro) (en diante, Regulamento (UE) nº 1303/2013). Tendo en conta o importe das axudas e o número de beneficiarios, o réxime de axudas configúrase como unha única operación Feder, no marco da opción prevista no artigo 2 do Regulamento 1303/2013, modificado polo Regulamento 2018/1046, para o caso de axudas de estado cuxo importe por empresa sexa inferior a 200.000 €.

5. Os indicadores de produtividade e resultado correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de produtividade código-denominación: C001 Número de empresas que reciben axudas.

– Indicador de produtividade código-denominación: C002 Número de empresas que reciben subvencións.

– Indicador de resultado R031: número de empresas exportadoras.

6. As empresas que participen directamente nas accións subvencionadas consideraranse, así mesmo, beneficiarias para os efectos de imputación da axuda de minimis que lles corresponda segundo o gasto subvencionado. Ao organismo intermedio imputaráselle soamente o minimis correspondente ao gasto subvencionado daquelas accións que realice en representación de todo o sector.

Artigo 3. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións, ingresos ou apoios para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais públicos ou privados. Unha operación non poderá recibir ningunha outra axuda.

2. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que, de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector do transporte de mercadorías por estrada, este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca, as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder e pagar a axuda, requirirase do solicitante unha declaración sobre calquera outra axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os que solicita esta subvención e sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 4. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os organismos intermedios empresariais de Galicia. Por organismos intermedios empresariais enténdense: as asociacións empresariais, os consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústeres empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), que representen un colectivo de empresas galegas, e os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009).

Enténdense por clúster empresarial, para os efectos destas bases, as agrupacións empresariais innovadoras que colaboren e desenvolvan plans de internacionalización en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que xestione a agrupación clúster.

2. Consideraranse, así mesmo, beneficiarias ás empresas –que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, e que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia– que participen directamente nas accións subvencionadas e ás cales se imputará a axuda de minimis que lles corresponda segundo o gasto subvencionado. Cada peme participante deberá declarar o cumprimento dos requisitos de peme e as axudas de minimis solicitadas e/ou concedidas nos últimos tres exercicios fiscais.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarios:

a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei.

Artigo 5. Condicións dos conceptos subvencionables

1. Considéranse conceptos subvencionables aqueles gastos do tipo dos descritos neste artigo facturados ao organismo intermedio e pagados por este.

2. Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes, que reúnen os requisitos establecidos na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020, e que se materialicen nos conceptos seguintes:

a) Gastos subvencionables para accións da letra a) do artigo 1. (Misións empresariais directas ou visitas a feiras).

a.1) Para accións con carácter presencial:

Nestes custos introdúcese o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado, de acordo co establecido no artigo 67.1.c) do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Os importes dos incentivos establecidos calculáronse conforme o disposto no artigo 67.5a.ii) do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Englóbanse varios tipos de gasto:

1º. Gastos de viaxe das persoas do organismo e empresas solicitantes á cidade de celebración do evento.

2º. Gastos de aloxamento das persoas do organismo e empresas no lugar de celebración do evento no que se participa.

3º. Gastos de asistencia externa en destino para a realización axendas, detección de oportunidades, etc.

Para todos estes gastos relacionados coa accións fíxase un importe de gasto subvencionable ao que se lle aplicarán os índices correctores en función da área de actuación, segundo o establecido na táboa do artigo 6.1.a):

– Acción mínima (2 pemes ou 1 organismo representando a 2 pemes): importe límite de 959,44 € por evento.

– Por cada empresa adicional participante na acción: límite de 959,44 € por empresa. Límite de empresas participantes por evento: 20 empresas.

a.2) No caso de accións con carácter virtual:

Subvencionaranse gastos de servizos de consultoría para a realización de axendas (non será subvencionable a simple realización da axenda se non se executa coas reunións correspondentes (presenciais ou virtuais) dentro do prazo de execución da axuda), gastos de intérpretes, e os costes de inscrición como visitante en feiras e eventos expositivos virtuais (ata 10 persoas por acción).

O límite máximo deste gasto subvencionable: 2.000 € por evento.

b) Gastos subvencionables para accións da letra b) do artigo 1.1 (Participación en feiras ou eventos expositivos).

b.1) Para accións con carácter presencial:

Nestes custos introdúcese o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado, de acordo co establecido no artigo 67.1.c) do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Os importes dos incentivos establecidos calculáronse conforme o disposto no artigo 67.5a.ii) do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Englóbanse varios tipos de gasto:

1º. Gastos de viaxe das persoas do organismo e empresas solicitantes á cidade de celebración do evento.

2º. Gastos de aloxamento das persoas do organismo e empresas no lugar de celebración do evento no que se participa.

3º. Gastos de alugueiro de espazos e servizos relacionados co devandito alugueiro; alugueiro de stand físico; construción, montaxe e desprazamento do stand; decoración do stand; alugueiro de mobiliario; contratación de persoal de apoio como intérpretes, modelos ou azafatas; envío de material publicitario e mostras co seu seguro correspondente.

4º. Gastos de asistencia externa en destino para a realización de axendas, detección de oportunidades, etc.

Para todos estes gastos relacionados coa accións fíxase un importe de gasto subvencionable ao que se lle aplicarán os índices correctores en función da área de actuación, segundo o establecido na táboa do artigo 6.1.b):

– Acción mínima (2 pemes ou 1 organismo representando a 2 pemes): importe límite de 7.948,61 € por evento.

– Por cada empresa adicional participante na acción: límite de 959,44 € por empresa. Límite de empresas participantes por evento: 20 empresas.

b.2) No caso de accións con carácter virtual:

Subvencionaranse gastos de alugueiro de stand virtual e dos servizos relacionados co aluguer; gastos de intérpretes, e as cotas de participación como expositor en feiras e eventos expositivos virtuais (ata 10 persoas por acción).

O límite máximo deste gasto subvencionable: 3.000 € por evento.

c) Gastos subvencionables para accións da letra c) do artigo 1.1. (Misións empresariais inversas).

c.1) Para accións con carácter presencial:

Nestes custos introdúcese o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado, de acordo co establecido no artigo 67.1.c) do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Os importes dos incentivos establecidos calculáronse conforme o disposto no artigo 67.5a.ii) do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Englóbanse varios tipos de gasto:

1º. Gastos de viaxe a Galicia das persoas das empresas visitantes.

2º. Gastos de aloxamento das persoas das empresas visitantes.

3º. Gastos de desprazamentos en Galicia.

4º. Gastos de asistencia externa en países de orixe dos visitantes para a realización axendas, detección de oportunidades, etc.

5º. Gastos de alugueres de espazos e servizos relacionados. Gastos de organización eventos.

Para todos estes gastos relacionados coa accións fíxase un importe de gasto subvencionable ao que se lle aplicarán os índices correctores en función da área de actuación, segundo o establecido na táboa do artigo 6.1.c):

– Misión inversa procedente de 1 país: 6.382,52 € por cada acción.

No caso de que a misión inversa estea formada por empresas/prescritores procedentes de varios países, o gasto subvencionable calcularase utilizando os límites da área xeográfica da que procedan a súa maior parte. No caso de que coincida o número de empresas provenientes de varias zonas, tomarase o límite da área xeográfica con maior porcentaxe de axuda.

c.2) Para accións con carácter virtual:

Se subvencionarán gastos de asistencia externa en países de orixe dos visitantes para a realización axendas: gastos de servizos de consultoría para a realización de axendas, (non será subvencionable a simple realización da axenda se non se executa coas reunións correspondentes (presenciais ou virtuais) dentro do prazo de execución da axuda), detección de oportunidades, etc. Gastos de alugueres de espazos; gastos de contratación de persoal de apoio como intérpretes, modelos, azafatas, cociñeiros, profesores, etc. Gastos de organización de eventos virtuais.

O límite máximo deste gasto: 3.000 € por evento.

d) Gastos subvencionables para accións da letra d) do artigo 1.1. (Campañas conxuntas de publicidade):

Nestes custos introdúcese o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado, de acordo co establecido no artigo 67.1.c) do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Os importes dos incentivos establecidos calculáronse conforme o disposto no artigo 67.5a.ii) do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Englóbanse varios tipos de gasto:

1º. Gastos de compra de espazos publicitarios e inserción nos medios de comunicación.

2º. Gastos de campañas de posicionamento dixital.

Para todos estes gastos relacionados coa acción fíxase un importe de gasto subvencionable de 5.683,30 € por solicitude.

e) Gastos subvencionables para accións da letra e) do artigo 1.1 (elaboración de material publicitario conxunto):

Nestes custos introdúcese o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado, de acordo co establecido no artigo 67.1.c) do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Os importes dos incentivos establecidos calculáronse conforme o disposto no artigo 67.5a.ii) do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Os gastos subvencionables corresponden a gastos de asistencia técnica en orixe ou en destino para o deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión de material publicitario.

Para estes gastos fíxase un importe de gasto subvencionable de 7.314,95 € por solicitude.

f) Gastos subvencionables para accións da letra f) do artigo 1.1 (contratación bases de datos):

– Cotas de bases de datos de intelixencia competitiva internacional sectorial.

g) Gastos subvencionables para accións da letra g) do artigo 1.1 (creación plataforma E-commerce):

– Gastos de asistencia técnica externa para deseño, creación e/ou aloxamento de aplicación soporte de comercio electrónico.

Non serán subvencionables os gastos de mantemento. Non será subvencionable este concepto de gasto para organismos que xa obtivesen axuda (axuda concedida sen mediar renuncia) para este concepto de gasto en convocatorias anteriores destas bases. Non serán subvencionables estes gastos no caso de que xa se dispuxese dunha aplicación deste tipo antes da solicitude de axuda ou se non se xustifica a operatividade desta aplicación dentro do prazo de execución da axuda.

h) Gastos subvencionables para accións da letra h) do artigo 1.1 (xestión acordos joint-ventures, rexistro marcas):

– Gastos de asistencia técnica externa en orixe ou en destino: asistencia xurídica, técnica e servizos para tradución de documentación.

i) Gastos subvencionables para accións da letra i) do artigo 1.1 (Licitacións internacionais):

– Gastos de asistencia técnica externa en orixe ou en destino: asistencia xurídica, técnica e servizos para tradución de documentación.

j) Gastos subvencionables para accións da letra j) do artigo 1.1 (Accións cooperativas):

– Gastos de alugamento de locais no estranxeiro durante o período de execución establecido na resolución de concesión.

k) Gastos subvencionables para accións da letra k) do artigo 1.1 (Plataformas para organización de feiras, formación, etc.)

– Gastos de creación, adquisición de software ou gastos de contratación de servizos técnicos.

No caso dos activos intanxibles, para seren considerados subvencionables deberán cumprir, ademais, todas estas condicións: 1) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2) Consideraranse activos amortizables; 3) Adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador; 4) Deberán incluírse nos activos da empresa beneficiaria e permanecer asociados ao proxecto a que se destina a axuda durante polo menos tres anos.

En relación cos gastos de asistencia externa en destino (ou en orixe para as misións inversas), para a detección de oportunidades, a realización de axendas, desenvolvemento de clientes no estranxeiro e/ou seguimento de contactos iniciais, as empresas que presten este tipo de servizos deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape.

Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado por oficinas comerciais ou cámaras de España no estranxeiro ou oficinas comerciais ou organismos públicos españoles ou estranxeiros que presten este tipo de servizos.

3. Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:

a) Os custos de mailings, convites, regalos promocionais e os relativos á realización de cócteles e actos análogos.

b) Os custos de envío de mercadorías distintas ao material publicitario ou mostras sen valor comercial.

c) Imposto sobre o valor engadido (IVE).

d) Folletos e outro material que non estea dirixido estritamente a fins publicitarios.

e) Produtos de merchandising e outros regalos promocionais.

f) Aqueloutros que non estean directamente vinculados coa realización da acción subvencionable.

4. Os gastos subvencionables serán os realizados polo organismo solicitante dentro do prazo de execución e facturados e pagados entre o día 1 de xaneiro de 2022 e o derradeiro día do prazo de execución establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. O prazo de execución iniciarase o 1 de xaneiro de 2022 (polo que a solicitude de axuda poderán incluír accións que se leven a cabo previamente á súa presentación), se ben o proxecto para o que se solicita a axuda non poderá estar executado integramente no momento de presentar a solicitude de axuda, e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda.

Excepcionalmente, tamén serán subvencionables os gastos efectuados e pagados previamente ao 1 de xaneiro de 2022 exixidos en concepto de reserva para accións que se realizarán nos exercicios 2022 e 2023.

5. Cando o importe do tipo de gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben, no momento de publicar estas bases), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren (neste caso, presentarase escrito aclaratorio indicativo desta circunstancia, asinado polo representante legal), ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención. As ofertas ou orzamentos de provedores deberán conter, como mínimo, os datos identificativos do emisor e do destinatario (razón social, domicilio e número ou código de identificación fiscal), a data de emisión do documento, o importe por concepto (especificando se inclúe ou non o IVE), e a descrición técnica dos elementos ou servizos ofertados. Os ofertantes deben demostrar habitualidade na realización dos servizos ofertados.

6. No caso de que o solicitante teña a condición de poder adxudicador nos termos previstos no artigo 3.3.d) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberán presentar, se é o caso, o correspondente expediente de contratación tramitado para o efecto nos termos previstos nos artigos 316 a 320 da devandita Lei de contratos do sector público. Será responsabilidade da entidade beneficiaria o cumprimento da citada normativa, podendo o seu incumprimento dar lugar á perda do dereito ao cobramento total ou parcial e demais responsabilidades previstas na normativa de subvencións públicas.

Conforme o artigo 3.3.d) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, teñen a consideración de poderes adxudicadores todos os entes, organismos ou entidades con personalidade xurídica propia distintas das administracións públicas, fundacións públicas ou mutuas colaboradoras coa Seguridade Social que fosen creados especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos que deban considerarse poder adxudicador de acordo cos criterios dese punto 3 financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen a máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia.

7. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

8. Todos os gastos deben ser facturados ao organismo intermedio solicitante e pagados polo dito organismo. Non se admiten pagamentos en efectivo.

Artigo 6. Contía da axuda e criterios de avaliación e selección de solicitudes

Para as accións incluídas nesta convocatoria o límite máximo de subvención será de 400.000 € por beneficiario e convocatoria.

A intensidade de axuda será do 80 % de subvención sobre gastos subvencionables relacionados no artigo 5, para os seguintes gastos:

– Gastos das accións correspondentes ás letras a), b) e c) do punto 1 do artigo 1 no caso de que se trate de accións virtuais;

– Gastos correspondentes ás accións das letras f), g), h), i), j) e k) do punto 1 do artigo 1.

A intensidade de axuda será do 100 % de subvención sobre gastos subvencionables relacionados no artigo 5, para os seguintes gastos:

– Gastos correspondentes ás accións das letras d), e) do punto 1 do artigo 1.

As intensidades de axuda e importes de subvención, variarán segundo a área xeográfica na que se desenvolva a acción, para os seguintes gastos:

Gastos das accións correspondentes ás letras a), b) e c) do punto 1 do artigo 1; no caso de que se trate de accións presenciais;

a) Misións empresariais directas ou visitas a feiras (accións do artigo 1.1.a) que teñan carácter presencial:

Área Xeográfica

Límite subvención acción mínima 959,44 €

Porcentaxe axuda

Importe subvención

Importe subvención por empresa adicional

Importe subvención máxima por evento

España e Portugal

30 %

287,83 €

287,83 €

6.044,47 €

Toda a Unión Europea excepto Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

60 %

575,66 €

575,66 €

12.088,93 €

Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

70 %

671,61 €

671,61 €

14.103,76 €

Todo o resto de Europa fóra da Unión Europea excepto Rusia e Reino Unido

70 %

671,61 €

671,61 €

16.118,58 €

Rusia

80 %

767,55 €

767,55 €

18.133,40 €

Reino Unido

75 %

719,58 €

719,58 €

15.111,17 €

Estados da costa leste de Estados Unidos e de Canadá. Todo México

80 %

767,55 €

767,55 €

16.118,58 €

Estados do centro de EE.UU e de Canadá (non costa)

90 %

863,50 €

863,50 €

18.133,40 €

Estados da costa Oeste de EE.UU. e de Canadá

90 %

863,50 €

863,50 €

18.133,40 €

Toda América central e do Sur

80 %

767,55 €

767,55 €

16.118,58 €

China e Xapón

100 %

959,44 €

959,44 €

20.148,22 €

Resto de Asia

80 %

767,55 €

767,55 €

16.118,58 €

Oceanía

90 %

863,50 €

863,50 €

18.133,40 €

Toda África excepto Sudáfrica

80 %

767,55 €

767,55 €

16.118,58 €

Sudáfrica

80 %

767,55 €

767,55 €

16.118,58 €

Neste tipo de accións, soamente se poderán realizar 3 accións ao ano como máximo por área xeográfica e soamente 2 ao ano nun mesmo país dentro da mesma área xeográfica.

b) Participación en feiras (accións do artigo 1.1.b) que teñan carácter presencial:

Área Xeográfica

Límite subvención acción mínima 5.198,13 €

Porcentaxe axuda

Importe subvención

Importe subvención por empresa adicional

Importe subvención máxima por evento

España e Portugal

30 %

1.559,44 €

287,83 €

7.316,07 €

Toda a Unión Europea excepto Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

60 %

3.118,88 €

575,66 €

14.632,15 €

Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

70 %

3.638,69 €

671,61 €

17.070,84 €

Todo o resto de Europa fóra da Unión Europea excepto Rusia e Reino Unido

70 %

3.638,69 €

671,61 €

17.070,84 €

Rusia

80 %

4.158,51 €

767,55 €

19.509,53 €

Reino Unido

75 %

3.898,60 €

719,58 €

18.290,19 €

Estados da costa leste de Estados Unidos e de Canadá. Todo México

80 %

4.158,51 €

767,55 €

19.509,53 €

Estados do centro de EE.UU e de Canadá (non costa)

90 %

4.678,32 €

863,50 €

21.948,22 €

Estados da costa oeste de EE.UU. e de Canadá

90 %

4.678,32 €

863,50 €

21.948,22 €

Toda América central e do Sur

80 %

4.158,51 €

767,55 €

19.509,53 €

China e Xapón

100 %

5.198,13 €

959,44 €

24.386,92 €

Resto de Asia

80 %

4.158,51 €

767,55 €

19.509,53 €

Oceanía

90 %

4.678,32 €

863,50 €

21.948,22 €

Toda África excepto Sudáfrica

80 %

4.158,51 €

767,55 €

19.509,53 €

Sudáfrica

80 %

4.158,51 €

767,55 €

19.509,53 €

Neste tipo de accións, soamente se poderán realizar 3 accións ao ano como máximo por área xeográfica e soamente 2 ao ano nun mesmo país dentro da mesma área xeográfica.

c) Misións empresariais inversas (accións do artigo 1.1.c), que teñan carácter presencial:

Área Xeográfica

Límite subvención

6.382,52 €

Porcentaxe axuda

Misión procedente de 1 pais

España e Portugal

30 %

1.914,76 €

Toda a Unión Europea excepto Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

60 %

3.829,51 €

Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

70 %

4.467,77 €

Todo o resto de Europa fóra da Unión Europea excepto Rusia e Reino Unido

70 %

4.467,77 €

Rusia

80 %

5.106,02 €

Reino Unido

75 %

4.786,89 €

Estados da costa leste de Estados Unidos e de Canadá. Todo México

80 %

5.106,02 €

Estados do centro de EE.UU e de Canadá (non costa)

90 %

5.744,27 €

Estados da costa oeste de EE.UU. e de Canadá

90 %

5.744,27 €

Toda América central e do Sur

80 %

5.106,02 €

China e Xapón

100 %

6.382,52 €

Resto de Asia

80 %

5.106,02 €

Oceanía

90 %

5.744,27 €

Toda África excepto Sudáfrica

80 %

5.106,02 €

Sudáfrica

80 %

5.106,02 €

Neste tipo de accións exíxese un mínimo de 3 empresas/prescritores visitantes.

No caso de que a misión inversa estea formada por empresas/prescritores de varios países, o importe de subvención calcularase utilizando os límites da área xeográfica da que procedan a súa maior parte. No caso de que coincida o número de empresas provenientes de varias zonas, tomarase o límite da área xeográfica con maior porcentaxe de axuda.

2. As solicitudes que cumpran coas condicións necesarias serán avaliadas de acordo co seguinte baremo xeral, cunha base de puntuación de 85 puntos:

a) Representatividade do organismo intermedio.

Nº total de empresas asociadas ou representadas polo organismo intermedio solicitante da axuda á data de solicitude da axuda:

1º. Superior a 30 empresas: 25 puntos.

2º. Entre 20 e 30 empresas: 10 puntos.

3º. Entre 10 e 19 empresas: 5 puntos.

4º. Menos de 10 empresas: 0 puntos.

Esta condición acreditarase mediante declaración no formulario electrónico de solicitude.

b) Concreción sectorial do solicitante: organismo intermedio sectorial (clúster, consello regulador, centro tecnolóxico ou asociación representativa dun sector ou varios sectores relacionados entre si): 25 puntos. Para efectos de priorizar as accións de organismos con especialización sectorial sobre accións de organismos multisectoriais, en liña coa estratexia galega de especialización intelixente (RIS3 Galicia).

c) Estudo previo –feito ou encargado polo organismo intermedio– de empresas pertencentes ao mesmo en relación á súa internacionalización: 20 puntos (no caso de telo elaborado no ano 2019 ou posterior). Para acreditar esta condición deberá cubrir a seguinte información no formulario electrónico de solicitude:

1º. Número de empresas analizadas e a súa porcentaxe sobre o total de empresas representadas polo organismo (como mínimo deben estar analizadas todas as empresas para as que se solicita axuda).

2º. Grado de internacionalización das empresas analizadas en función da porcentaxe do volume de exportacións ou negocio no estranxeiro sobre o volume de negocio total anual. Indicando: número de empresas por tramos de internacionalización, países nos que teñen feito exportacións ou negocios e número de empresas non internacionalizadas.

3º. Debilidades e fortalezas das empresas analizadas de cara á súa internacionalización.

d) Novos solicitantes: recibirán 15 puntos os organismos que non obtivesen resolución aprobatoria á solicitude de anteriores convocatorias destas bases anteriores á convocatoria IG208.2019.

e) Aproveitamento de axudas á internacionalización anteriores á convocatoria IG208.2019: 15 puntos. Avaliarase tendo en conta:

Informe de resultado de subvencións anteriores do Igape recibidas polo organismo para o mesmo fin de internacionalización das empresas asociadas ao organismo intermedio: 15 puntos no caso de cubrir este informe no formulario electrónico de solicitude e que se acadasen resultados positivos.

Este informe debe incluír, para cada subvención recibida polo organismo intermedio solicitante con resolución de concesión entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de xaneiro de 2019 un detalle de:

1º. Ano da resolución de concesión da axuda.

2º. Importe da axuda recibida (no caso de expedientes finalizados, o importe menor entre a axuda liquidada e a concedida).

3º. Finalidade da axuda.

4º. Resultados en termos de:

i) Nº de empresas beneficiarias da axuda.

ii) Nº de contratos asinados polas empresas.

iii) Importe do volume de negocios estimado xerado grazas ás accións subvencionadas.

iv) Nº de empresas que se iniciaron nos mercados obxecto das accións subvencionadas.

v) Nº de empresas que ampliaron mercado no país/es obxecto da subvención.

Artigo 7. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, os organismos interesados definidos no artigo 4 deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e das accións para as que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

No formulario electrónico o solicitante deberá cubrir unha memoria xustificativa das accións para as cales solicita subvención que incluirá os mercados obxecto das accións e, para cada acción, detalle de: tipo, título, descrición, datas estimadas de inicio e fin, orzamento e lugar de celebración (se procede).

No devandito formulario o organismo intermedio realizará as seguintes declaracións:

a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.

c) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se solicita a axuda.

d) Que cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Regulamento (UE) nº 651/2014.

A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, de calquera dato ou información que se incorpore a esta declaración de peme, ou na documentación que fose requirida para acreditala, dará lugar á perda do dereito á cobranza e no seu caso, ao reintegro da subvención percibida, constituíndo unha infracción moi grave tal e como establece o artigo 56.a) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, podéndose impoñer as seguintes sancións:

1. Multa pecuniaria proporcional do dobre ao triplo da cantidade indebidamente obtida.

2. Cando o importe do prexuízo económico correspondente á infracción exceda de 30.000 euros, concorrendo algunha das circunstancias previstas nas letras b) e c) do punto 1 do artigo 58 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os infractores poderán ser sancionados, ademais:

i) Coa perda durante un prazo de ata cinco anos da posibilidade de obter subvencións, axudas públicas e avais da administración ou outros entes públicos.

ii) Coa prohibición durante un prazo de ata cinco anos para celebrar contratos coa administración ou outros entes públicos.

iii) Coa perda durante un prazo de ata cinco anos da posibilidade de actuar como entidade colaboradora.

O Igape poderá realizar as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme.

e) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

f) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas que estean incluídos os gastos da operación (artigo 125.4.d) e 140.1 do Regulamento (UE) nº 1303/2013).

g) Se é o caso, declaración de que ten implantado un plan de igualdade.

h) Declaración sobre calquera outra axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os que se solicita esta subvención.

i) Declaración sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

j) Que os activos intanxibles subvencionados: 1) empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2) Consideraranse activos amortizables; 3) Adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador; 4) Incluiranse nos activos da empresa beneficiaria e permanecerán asociados ao proxecto a que se destina a axuda durante polo menos tres anos.

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14:00 horas da data de finalización, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal teráselles por desistidos da súa petición, previa resolución de arquivo.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizou a emenda.

3. Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola
plataforma @firma da Administración Xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan a un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo no que quedará constancia do feito da presentación.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico no que desexan recibir o xustificante.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. Os organismos interesados deberán xuntar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Acta e estatutos de constitución, con acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente e modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

b) Certificado acreditativo da inscrición no Rexistro de Centros de Innovación e Tecnoloxía con anterioridade ao 31.12.2016, no caso de centros de innovación e tecnoloxía.

c) As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deba ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 5.5 das bases reguladoras.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, excepto que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa presentación.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela en que se realizou a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias presentadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición da documentación ou da información orixinal.

Artigo 9. Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, excepto que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

  1. DNI/NIE da persoa representante.
  2. NIF da entidade solicitante.
  3. NIF da entidade representante.
  4. Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE) da entidade solicitante. 
  5. Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa AEAT.
  6. Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
  7. Certificado de estar ao día do pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.
  8. Documentación depositada no Rexistro Mercantil segundo o artigo 8.1 destas bases.
  9. Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
  10. Consulta de concesións pola regra de minimis.
  11. Consulta de concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberano indicar no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e presentar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo a través do enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Artigo 11. Órganos competentes

O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención será a Área de Internacionalización do Igape e a competencia para ditar a resolución, que poña fin ao procedemento na vía administrativa, correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

Os proxectos serán avaliados por un órgano avaliador, cuxos membros serán designados pola Dirección Xeral do Igape de entre o persoal da Área de Internacionalización. Este órgano estará composto por un mínimo de tres membros e contará cun presidente e un secretario/a con voz e voto. Axustará o seu funcionamento ás disposicións sobre órganos colexiados contidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Artigo 12. Instrución dos procedementos

1. Unha vez recibidas as solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se dará por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución.

2. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, os requirimentos citados de emenda realizaranse mediante publicación na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es e producirán os mesmos efectos cá notificación individualizada.

3. As solicitudes serán avaliadas polo órgano avaliador, que elaborará unha relación ordenada de todas as solicitudes, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas, en aplicación dos criterios de avaliación establecidos no artigo 6.2 destas bases.

4. No caso de empate nas puntuacións, para desempatar terase en conta a maior puntuación obtida nos criterios a), b), c), d) e e) do artigo 6.2, sucesivamente. Se aínda así seguise existindo empate, co fin de promover a incorporación do principio transversal de igualdade enunciado no artigo 7 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, decidirase a favor do proxecto en que se prevexa a implantación dun plan de igualdade, segundo a declaración responsable que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude. De persistir o empate, darase preferencia aos proxectos segundo a súa orde de presentación.

5. Logo da baremación, o órgano avaliador considerará unicamente as solicitudes que acadasen 30 puntos.

Artigo 13. Resolución

1. A Área de Internacionalización ditará proposta de resolución con base neste procedemento a partir da relación de solicitudes puntuadas. A continuación elevaraa á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, quen emitirá a resolución de concesión das subvencións, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación do beneficiario, contía da subvención e obrigas que corresponden ao beneficiario, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria.

Tamén incluirá a comunicación de que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das entidades beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, https://www.dgfc.sepg.minhafp.gob.es/sitios/dgfc/es-ES/loFeder1420/porFeder/Paginas/inicio.aspx

3. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

4. A resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015.

5. O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria, transcorrido o cal, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

6. As notificacións das resolucións e dos actos administrativos do procedemento que non sexan obxecto de publicación efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape no enlace de tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción telemático).

Artigo 14. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, ante o director xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 15. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, e admitiranse, dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, modificacións relativas ao orzamento subvencionable á baixa, ao traspaso orzamentario entre partidas de gasto, á modificación do prazo de execución no cronograma de execución, á tipoloxía de accións que acometer e á tipoloxía do gasto, e ao/s país/es obxectivo, sempre e cando estes cambios non alteren o baremo ou desvirtúen o proxecto. Non se admitirán modificacións que supoñan unha maior subvención para o proxecto.

2. A solicitude de modificación deberá presentarse como mínimo cun mes de anterioridade á data de finalización do prazo de execución do proxecto. Para solicitar a modificación, o beneficiario deberá cubrir previamente o formulario electrónico sinalado no artigo 7 das bases e presentar a instancia de modificación xerada pola aplicación dirixida á Dirección Xeral do Igape. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado, por delegación do Consello de Dirección do Igape, pola persoa titular da Dirección Xeral do Igape, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se lles dará audiencia, de ser preciso, aos interesados.

Artigo 16. Obrigas dos beneficiarios

Son obrigas dos beneficiarios:

1. Executar as accións que fundamentan a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión.

2. Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e das condicións establecidos na resolución de concesión da subvención, así como a realización das accións e o cumprimento da finalidade que determine a resolución de concesión da axuda.

3. Someterse ás accións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ás comprobacións e verificacións que realizará o organismo intermedio, a autoridade de xestión ou a autoridade de certificación e, se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como as verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Para tal fin deberá dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e do aboamento dos gastos e investimentos subvencionables, coa finalidade de garantir o exercicio adecuado das facultades de comprobación e control, durante polo menos un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación. O Igape informará os beneficiarios da data a partir da cal se iniciará o cómputo do prazo.

4. Durante o período citado no apartado anterior, as entidades e empresas participantes nas accións estarán obrigadas a subministrar, a requirimento do Igape, os datos relativos á evolución da súa actividade exportadora (volume de facturación, servizos ou produtos exportados, países, etc.) e resultados concretos obtidos gracias ás accións financiadas nas que participan, para os efectos de realizar as avaliacións oportunas sobre o resultado das accións financiadas.

5. Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas con gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

6. Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien os investimentos subvencionados, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobro da subvención. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas públicas ou privadas, supere o 100 % dos custos subvencionables aprobados.

7. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. No caso de non ser quen de realizar as accións para as que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo de execución concedido para o proxecto.

9. No caso de proxectos seleccionados por aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, deberá manterse implantado o dito plan durante o período de execución do proxecto.

10. Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Xustificación da subvención

1. Para o cobramento da subvención concedida, o organismo beneficiario, dentro do prazo establecido na resolución de convocatoria, deberá cubrir previamente o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://tramita.igape.es

Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobramento. O dito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa, incluíndo unha relación detallada dos outros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada.

2. O organismo beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento mediante o formulario normalizado (anexo II) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao inicio do expediente de incumprimento no caso de non seren corrixidas, previo requirimento formulado para tal fin.

3. Unha vez xerada a solicitude de cobramento na aplicación informática, o beneficiario deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

4. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase o beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá ao beneficiario das sancións que, conforme á lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da devandita Lei 9/2007.

5. O método de xustificación empregado para os gastos dos proxectos de carácter presencial das letras a), b) e c) do artigo 1, e para os gastos dos proxectos das letras d) e e) do mesmo artigo será o de custos simplificados, sumas a tanto alzado, conforme ao disposto no artigo 67.1.c) do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

6. Xunto coa solicitude de cobramento, o beneficiario da axuda presentará a seguinte documentación para todos os tipos de accións do punto 1 do artigo 1 excepto para as accións das letras a), b) y c) que teñan carácter físico/presencial; e para as accións das letras d) e e) do dito artigo 1.1:

a) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. A factura deberá conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado. As facturas correspondentes ás viaxes deben permitir identificar a persoa que viaxa (nome, apelidos e DNI).

b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento ten sido realizado efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados coma subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás accións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas na acción e, ademais algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos do organismo beneficiario selada polo banco ou recibín asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dos documentos bancarios de cargo nos que conste o cambio empregado.

c) Memoria de resultados que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación, na cal se expoñan co suficiente grao de detalle as accións desenvolvidas e resultados ou obxectivos acadados.

d) No caso das actuacións das letras a), b) e c) do artigo 1.1 (misións directas; participación en eventos e misións inversas) que teñan carácter virtual:

1º. Copia de informe de execución segundo o modelo do anexo III.

2º. No caso de gastos de asistencia para a detección de oportunidades en destino, a realización de axendas virtuais, desenvolvemento de clientes, e/ou seguimento de contactos iniciais será necesario achegar copia do informe de execución asinado polo provedor no que se indique como mínimo: situación –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados. E, de ser o caso, detalle das axendas elaboradas con identificación das contrapartes, lugar e datas das reunións realizadas.

e) No caso de actuacións da letra g) do artigo 1.1 (creación de plataforma aplicación E-commerce) será necesario achegar informe do provedor da execución técnica do proxecto, así como informe de resultados que inclúa número de visitas e volume de venda desde a posta en marcha.

f) No caso de actuacións das letras h), i) e j) do artigo 1.1 (xestión de tramitación de acordos, xestión de licitacións internacionais así como implantación e prospección de mercados) copia dun informe realizado polo solicitante dos resultados obtidos durante o período en que se indique como mínimo: situación –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados. Nas actuacións da letra j) ademais: contrato de aluguer.

g) Para a xustificación das accións recollidas no artigo 1.k) (creación de plataformas...) no caso de adquisición de activos intanxibles de software, acreditación das condicións establecidas no artigo 5 para activos intanxibles mediante informe de auditor inscrito como exercente no ROAC que verifique o cumprimento da condición 2) do citado artigo; así mesmo recolleranse as facturas alegadas para indicar a súa correcta contabilización como investimento ou gasto, e que á data do informe os activos intanxibles permanecen no establecemento; e que mantense un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación coas transaccións relacionadas cos gastos subvencionados.

h) Copia das tres ofertas que deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 5.5 das bases reguladoras, no caso de non achegalas coa solicitude de axuda.

i) Declaración sobre calquera outra axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os que se concedeu esta subvención, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

j) Declaración sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

7. Nas accións das letras a), b) e c) do punto 1 do artigo 1 que teñan carácter físico/presencial, e de todas as accións das letras d) e e) do mesmo artigo, introdúcese o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado, de acordo co establecido no artigo 67.1.c) do Regulamento (UE) nº 1303/2013 polo que o beneficiario da axuda presentará unicamente a seguinte documentación/evidencias:

a) Memoria de resultados que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación, na que se expoñan co suficiente grao de detalle as accións desenvolvidas e os resultados ou obxectivos conseguidos e a situación do solicitante de axuda polo que se refire ao/aos mercado/s obxectivo/s unha vez realizadas as accións.

b) Copia de informe de execución (segundo modelo do anexo III).

c) No caso de accións da letra a) do punto 1 do artigo 1 (misións directas ou visitas a feiras), que teñan carácter presencial, ademais:

1º. Fotografías que permitan verificar a presencia do Organismo intermedio no evento, tanto no interior como no exterior do/s recinto/s de celebración do evento ou das sedes da/s empresa/s visitada/s.

2º. Fotografías que permitan verificar a presencia no evento das empresas participantes na acción conxunta, tanto no interior como no exterior do recinto celebración do evento ou das sedes da/das empresa/s visitada/s.

3º. Certificado do organismo intermedio en que se especifiquen os nomes das empresas asistentes ao evento ou misión empresarial e se detallen así mesmo o nome e o cargo das persoas participantes por cada empresa.

4º. Adicionalmente deberá xustificar a súa asistencia presencial, mediante a achega de, ao menos, 1 das seguintes evidencias:

4º.1. Acreditación da asistencia do organismo intermedio e/ou da/s empresa/s como visitante/s no evento (identificando o nome da/s empresa/s e organismo).

4º.2. Acreditacións persoais do/s participante/s na feira/evento por parte do organismo e por parte da/das empresa/s integrantes da acción conxunta.

4º.3. Certificado do organizador da feira/evento, ou das empresas visitadas en que se especifiquen os nomes do organismo empresarial e as empresas asistentes ao evento ou misión empresarial, e se detallen así mesmo o nome e o cargo das persoas participantes por cada empresa.

d) No caso de accións da letra b) do punto 1 do artigo 1 (participación en feiras), que teñan caracter presencial, ademais do indicado no punto 7.a) e 7.b):

1º. Fotografías do stand que permitan verificar a presencia do organismo intermedio no evento con stand propio.

2º. Fotografías do/dos stand da/s empresa/s participante/s na acción conxunta no evento expositivo na/s que se identifique claramente o/s nome/s da/das dita/s empresa/s.

3º. Certificado do organismo intermedio no que se especifiquen os nomes das empresas participantes como expositores na acción, e das persoas participantes por cada empresa, detallando o cargo.

4º. Adicionalmente deberá xustificar a súa participación presencial como expositor, mediante a presentación de, ao menos, 1 das seguintes evidencias:

4º.1. Acreditación de participación do organismo intermedio e/ou da/das empresa/s como expositores no evento (identificando o nome da/s empresa/s e organismo).

4º.2. Acreditacións persoais do/dos participante/s como expositores na feira por parte do organismo e por parte da/s empresa/s participantes.

4º.3. Certificado do organizador do evento expositivo, no que se especifique o nome do organismo e/ou empresas participantes como expositoras.

4º.4. Fotografía/s ou enlace ao catálogo da feira nos que se mostre o título do evento expositivo e o nome do organismo solicitante da axuda como expositora, ou das empresas participantes na acción como expositoras.

e) No caso das actuacións da letra c) do artigo 1.1 (Misións inversas), que teñan carácter presencial, ademais do indicado no punto 7.a) e 7.b):

1º. Fotografías que permitan verificar inequivocamente a presencia da/das empresa/s ou prescritores visitantes tanto no interior como no exterior da/s instalacións do organismo intermedio solicitante, ou doutros centros visitados (portos, parques tecnolóxicos, etc.); e, se é o caso, nas sedes das pemes galegas participantes na acción. Deberá identificarse claramente o/s nome/s das/dos empresas/centros ou eventos visitados.

2º. Certificado do organismo intermedio no que se especifiquen os nomes e país/es de procedencia das empresas/prescritores estranxeiros visitantes e das persoas participantes por cada empresa, detallando o cargo. Así mesmo se certificará a realización da axenda e o detalle da mesma.

3º. Certificado de cada unha das empresas galegas receptoras da misión inversa declarando a súa participación se o caso como receptora de empresa/prescritor estranxeiro visitante; co detalle dos mesmos.

f) No caso das actuacións da letra d) do artigo 1.1 (Campañas publicitarias conxuntas), ademais do indicado no punto 7.a) e 7.b):

– No informe de execución segundo o anexo III deben constar os medios, as datas das insercións publicitarias e copia dixital delas. Así como copia dun informe realizado polo solicitante dos resultados obtidos durante o período en que se indique como mínimo: situación –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados.

g) No caso das actuacións da letra e) do artigo 1.1 (material publicitario), ademais do indicado no punto 7.a) e 7.b):

– Copia do material publicitario.

h) Copia das tres ofertas que deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 5.5 das bases reguladoras, no caso de non achegalas coa solicitude de axuda.

i) Declaración sobre calquera outra axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os que se concedeu esta subvención, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

j) Declaración sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

O beneficiario deberá cubrir na ficha resumen de facturas do formulario electrónico de liquidación os seguintes datos relativos á contabilidade nos que se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida no artigo 16.5: número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable do beneficiario de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

O beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa polos mesmos medios que os establecidos no artigo 8 para a presentación da documentación complementaria á solicitude. O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, o Igape poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo ca copia electrónica presentada.

8. En todos os casos, os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que o beneficiario se opoña expresamente a que o Igape solicite as certificacións, deberá presentalas xunto co resto da documentación xustificativa.

9. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, total ou parcial, das cantidades previamente aboadas.

10. O Igape poderá aceptar variacións nos diversos conceptos de gasto aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20 % de cada concepto e que, no seu conxunto, non varíe o importe total de gasto aprobado nin da axuda concedida, nin desvirtúe as condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

11. Cando o beneficiario da subvención poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o artigo 15 destas bases, despois de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros. A aceptación das alteracións por parte do Igape no acto de comprobación non exime o beneficiario das sancións que poidan corresponderlle conforme a Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Aboamento das axudas

1. O aboamento das axudas aos organismos beneficiarios realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización e o pagamento das accións subvencionadas e o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.

Os órganos competentes do Igape poderán solicitar as aclaracións, orixinais da documentación ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que o beneficiario os presentase o Igape iniciará o correspondente procedemento de incumprimento.

O réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007 e no título IV do seu regulamento.

Artigo 19. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento das accións subvencionadas, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de mora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Non facilitar os datos requiridos sobre a actividade exportadora ou non permitan someterse ás accións de comprobación que efectúe o Igape, así coma calquera outra acción, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das accións anteriores e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Consello.

d) Non dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.

e) Non acreditar que se atopa ao corrente das súas obrigas fiscais, coa seguridade social e coa comunidade autónoma.

f) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

g) Non comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións e axudas públicas ou privadas que financien as actividades subvencionadas.

h) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención.

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se e o caso, establecendo a obriga de reintegro co seguinte criterio:

No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables debendo, se e o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción.

Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % da base subvencionable, entenderase que o dito incumprimento é total, e deben reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

Artigo 20. Réxime sancionador

Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 21. Fiscalización e control

Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás accións de control que realice o Igape para o seguimento das accións aprobadas e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás accións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Consello.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través do canal habilitado para o efecto http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

Artigo 22. Comprobación de subvencións

1. O Igape comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes do gasto será de tres anos, a partir do 31 de decembro seguinte ao do ano de presentación das contas nas que estean incluídos os gastos da operación; o Igape informará da data de inicio á que se refire esta obriga, de acordo co disposto no artigo 140.1 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

2. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento das obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións teñen a obriga de subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á cal se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 24. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto:

a) No Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352/1, do 24 de decembro); para as empresas do sector pesqueiro, no artigo 1 do Regulamento (CE) nº 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño), e para as empresas do sector agrícola, no artigo 1 do Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316, da Comisión, do 21 de febreiro (DOUE L 51, do 22 de febreiro).

b) No Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006, do Consello (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013).

c) No Regulamento (UE) nº 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006.

d) Na normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

e) Na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

f) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

g) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

h) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

i) Tamén é de aplicación a seguinte normativa europea: Regulamento (UE) 2020/558, do Parlamento e do Consello, do 23 de abril, polo que se modifica, entre outros, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 no que respecta ás medidas específicas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos fondos estruturais e de investimento europeos en resposta ao gromo da COVID-19 e o Regulamento (UE) nº 2020/460, do Parlamento e do Consello, do 30 de marzo, polo que se modifica, entre outros, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 no relativo ás medidas específicas para mobilizar investimentos nos sistemas de atención sanitaria dos Estados membros e noutros sectores das súas economías, en resposta ao gromo da COVID-19 (iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus).

j) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais; Regulamento (UE) nº 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos e Real decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade no ámbito da Administración electrónica.

l) No resto da normativa que resulte de aplicación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Informe de execución

Axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios) cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Nº de expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non)

A) 1. No caso de accións do artigo 1.1.a) (misións directas ou visitas a feiras ou eventos promocionais) en modo presencial:

Evento 1

Título do evento:

Evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición do evento: (no caso de eventos novos non incluídos na solicitude da axuda: alcance do evento e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Organizador:

Data de inicio:

Data de fin:

País de celebración:

Cidade de celebración:

(Replicar cando sexa necesario pola empresa participante máis organismo).

Razón social da empresa/organismo participante na misión presencial ou visita presencial á feira/evento:

Nome da persoa que viaxa e posto na empresa/organismo:

Razón social e datos de contacto da/s empresa/s visitada/s na misión directa:

Axenda da misión:

Aloxamento:

• Data de entrada:

• Data de saída:

• Cidade do hotel:

• Nº de pernoctacións realizadas:

Viaxe:

• Data de saída:

• Data de regreso:

• Cidade de orixe:

• Cidade de destino:

• Cidade de regreso:

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Fotos verificadoras da asistencia ao evento por parte do organismo intermedio e das empresas asistentes:

A) 2. No caso de accións do artigo 1.1.a) (misións directas ou visitas a feiras) en modo virtual:

Evento 1

Título do evento:

Evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición do evento: (no caso de eventos novos non incluídos na solicitude da axuda: alcance do evento e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Organizador:

Data de inicio:

Data de fin:

País de celebración:

(Replicar cando sexa necesario pola empresa participante máis organismo).

Razón social da empresa/organismo participante na misión virtual ou visita ao evento virtual:

Nome da persoa inscrita no evento e posto na empresa/organismo:

Razón social e datos de contacto da empresa/s contactada/s na misión virtual directa:

Axenda:

B) 1. No caso de accións do artigo 1.1.b) (participación en feiras) en modo presencial:

Evento 1

Título do evento:

Evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición do evento: (no caso de eventos novos non incluídos na solicitude da axuda: alcance do evento e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Organizador:

Data de inicio:

Data de fin:

País de celebración:

Cidade de celebración:

(Replicar cando sexa necesario pola empresa participante máis organismo).

Razón social da empresa/organismo participante no evento expositivo presencial:

Nome da persoa que viaxa e posto na empresa/organismo:

Aloxamento:

• Data de entrada:

• Data de saída:

• Cidade do hotel:

• Nº de pernoctacións realizadas:

Viaxe:

• Data de saída:

• Data de regreso:

• Cidade de orixe:

• Cidade de destino:

• Cidade de regreso:

Incorre en gastos de decoración ou construción do stand (si/non):

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Fotos do stand/evento: fotos verificadoras da participación como expositor no evento por parte do organismo intermedio e/ou das empresas participantes na acción:

Foto do catálogo expositor (parte que amose o título do evento e o nome da empresa expositora) ou foto da acreditación como expositor.

B) 2. No caso de accións do artigo 1.1.b) en modo virtual:

Evento 1

Título do evento:

Evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición do evento: (no caso de eventos novos non incluídos na solicitude da axuda: alcance do evento e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Organizador:

Data de inicio:

Data de fin:

País de celebración:

Cidade de celebración:

(Replicar cando sexa necesario pola empresa participante máis organismo).

Razón social da empresa/organismo participante como expositor no evento virtual:

Nome da persoa inscrita no evento e posto na empresa/organismo:

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Enlace ao catálogo virtual en que se acredite a participación do organismo/empresas como expositor/as.

C) 1. No caso de accións do artigo 1.1.c) (misións inversas) en modo presencial:

Evento 1

Título do evento:

Evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición evento: (no caso de eventos novos non incluídos na solicitude da axuda: alcance do evento e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Organizador:

Data de inicio:

Data de fin:

País/es de orixe:

Cidade/s de celebración:

(Replicar cando sexa necesario pola empresa participante máis organismo).

Razón social da empresa/organismo receptor da misión inversa presencial:

Razón social e datos de contacto da empresa/s estranxeira/s visitante/s na misión inversa:

Nome da persoa que viaxa e posto na empresa estranxeira visitante:

Aloxamento:

Data de entrada:

Data de saída:

Cidade do hotel:

Nº de pernoctacións realizadas:

Viaxe:

Data de saída:

Data de regreso:

Cidade de orixe:

Cidade de destino:

Cidade de regreso:

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Fotos verificadoras da visita das empresas/prescritores estranxeiros ao organismo/empresas participantes na acción.

Axenda:

C) 2. No caso de accións do artigo 1.1.a) (misións inversas) en modo virtual:

Evento 1

Título da misión/evento:

Evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición (no caso de eventos novos non incluídos na solicitude da axuda: alcance do evento e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Organizador:

Data de inicio:

Data de fin:

País de procedencia:

(Replicar cando sexa necesario pola empresa participante máis organismo).

Razón social da empresa/organismo receptor da misión inversa virtual:

Razón social e datos de contacto da/s empresa/s/prescritores estranxeiros visitantes da misión virtual inversa:

Nome da persoa da empresa estranxeira e posto na empresa:

Axenda da misión:

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

D) No caso de accións do artigo 1.1.d) (campañas publicitarias).

Título da campaña:

Campaña incluída na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición da campaña: (no caso de campañas novas non incluídas na solicitude da axuda: alcance da campaña e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Organizador:

Medio:

Data de inicio:

Data de fin:

Calendario das insercións:

País/es de difusión:

Fotos das insercións ou enlaces.

E) No caso de accións do artigo 1.1.e) (material publicitario).

Incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición: alcance e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados.

Data de inicio da difusión do material publicitario:

Data de fin:

Calendario da difusión do material publicitario:

País/es de difusión:

Fotos ou copia dixital do material publicitario.

Breve resumo da execución.