Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2022 Páx. 18257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2022 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato de servizo para a caracterización hidromorfolóxica e o inventario de infraestruturas de defensa lonxitudinal e infraestruturas de drenaxe transversal, nas áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI) da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa (expediente OH.788.424).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da Internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos 71311000-1 (Servizos de consultoría en enxeñería civil).

4. Código NUTS do emprazamento principal do servizo: ES111, ES112 e ES114; A Coruña, Lugo e Pontevedra. Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para a caracterización hidromorfolóxica e o inventario de infraestruturas de defensa lonxitudinal e infraestruturas de drenaxe transversal, nas áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI) da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. Clave do expediente: OH.788.424.

O obxecto deste contrato consiste na prestación de apoio técnico no desenvolvemento de tarefas relacionadas coa implantación do Programa de medidas asociado ao Plan de xestión de risco de inundación da Demarcación Hidrográfica Galicia Costa correspondente ao ciclo 2015-2021, aprobado polo Real decreto 19/2016, do 15 de xaneiro, concretamente na elaboración e completado de inventarios de infraestruturas de drenaxe e defensa contra inundacións.

Especificamente, os traballos consisten no seguinte:

– A elaboración dun inventario de infraestruturas de defensa lonxitudinal nas Áreas de Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSI) da Demarcación Hidrográfica Galicia Costa (DHGC), que permita ter estas infraestruturas perfectamente identificadas, e compiladas as súas características e afeccións ao risco de inundación, incluíndo ademais unha proposta de medidas e priorización.

– A elaboración dun inventario de infraestruturas de drenaxe transversal nas ARPSI da DHGC, que permita, ademais, a identificación, revisión e estudo de detalle de tramos con insuficiente drenaxe transversal, incluíndo ademais unha proposta de medidas e priorización.

– A caracterización e valoración hidromorfolóxica das ARPSI da DHGC, segundo o establecido nos protocolos de caracterización e cálculo de métricas de hidromorfoloxía fluvial aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, co fin de identificar e cuantificar os parámetros hidromorfolóxicos susceptibles de mellora e orientar as actuacións necesarias para diminuír o risco de inundación, realizando a valoración hidromorfolóxica dos efectos das actuacións que se propoñan sobre a masa de auga.

– O emprego de toda a información anterior na mellora e completado do Inventario de presións da planificación hidrolóxica, o que permitirá a Augas de Galicia desenvolver unha axeitada planificación hidrolóxica das inundacións.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 1.047.200,00 euros. Importe total: 1.267.112,00 euros.

8. Valor estimado do contrato: 1.047.200,00 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 18 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes se seleccionou a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), memoria descritiva da metodoloxía proposta para a realización dos traballos (ponderación 37 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 4 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 11 de novembro de 2021.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 8.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 5.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 23 de decembro de 2021.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, no seu caso, UTE: 2021 ARPSIS Galicia Serye Ingenieros, S.L. & Eurofins Iproma, S.L.U. Unión Temporal de Empresas Lei 18/1982, do 26 de maio.

14.2. NIF: U67833764.

14.3. Enderezo: estrada Cambre-O Temple, 3-2º D, 15660 Cambre (A Coruña).

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Teléfono: 620 96 36 10.

14.6. Fax: 981 25 22 87.

14.7. Correo electrónico: serye@seryeing.com

14.8. Pequena ou mediana empresa: si, unha das empresas que forma parte da UTE (Serye Ingenieros, S.L.).

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 858.704,00 euros. Importe total: 1.039.031,84 euros.

16. Información sobre si o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos», Prioridade de Investimento 5.2 «Fomento do investimento para abordar os riscos específicos, garantía de resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes», Obxectivo específico 5.2.1 «Fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo protección civil», Actuación 5.2.1.4 «Medidas de prevención e xestión das inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa» (segundo o documento Criterios e Procedementos de selección de operacións (CPSO); Operación «Resto de medidas para a prevención do risco de inundación na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa».

Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado:

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: DOUE nº 2021/S 082-211853, do 28 de abril de 2021.

19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 23 de abril de 2021.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de abril de 2021.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 28 de abril de 2021.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 11 de novembro de 2021.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 25 de decembro de 2021.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial de la Unión Europea: 31 de decembro de 2021.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 3 de xaneiro de 2022.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia