Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2022 Páx. 17866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 22 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do proxecto de modificación da LAT O Irixo-Lalín 132 kV, que afecta os concellos do Irixo (Ourense), Dozón e Lalín (Pontevedra), promovida por UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2007/169-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia; e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

• Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF A63222533.

• Domicilio social: avenida América, nº 38, 28028 Madrid.

• Denominación da instalación: modificado da LAT O Irixo-Lalín 132 kV.

• Concellos afectados: O Irixo (Ourense), Dozón e Lalín (Pontevedra).

Mediante Resolución da Consellería de Economía e Industria do 9 de maio de 2014 (DOG do 18 de junio) foi autorizada, aprobado o proxecto de execución e declarada a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade co dereito mineiro correspondente á solicitude de permiso de investigación Rivas número 5098, da liña eléctrica denominada LAT 132 kV O Irixo-Lalín, expediente IN407A 2007/169-3 AT.

A declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto autorizado o 9 de maio de 2014, mediante a resolución a que se fai referencia no parágrafo anterior, foi formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 2 de abril de 2013, á cal se deu publicidade por Resolución do 29 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG do 28 de maio). Neste documento indícase a viabilidade do proxecto baixo certas condicións, entre outras, do cumprimento do punto 7.1 de protección de patrimonio cultural, onde se establece a necesidade de non afectar o xacemento arqueolóxico Castro de Catasós.

Características técnicas básicas recollidas no proxecto:

Características xerais. Tramos aéreos en tipo de condutor LA-280, en circuíto simple, configuración triangular, sobre apoios metálicos de celosía tipo A e D, con cable de fibra óptica/terra: OPGW. Tramo subterráneo con canalización tipo formigonada baixo tubo SC (4.061 m) e ao aire baixo soporte (17 m), con cable condutor tipo Al 630.

Tramo 1. Variante aérea entre apoios 36-39N. A variante proxectada comprende un novo tramo aéreo entre os apoios núm. 36 e núm. 39, de 1.356 metros de lonxitude. Este novo trazado require da implantación de 2 novos vértices, apoios núm. 37N e apoio núm. 38N, co desprazamento da posición do apoio actual núm. 38 en 90 metros, e a substitución do anterior cantón en aliñación de 1.340 metros comprendidos entre os apoios núm. 37 e núm. 38. O apoio 39 pasa a ser 39N, mantendo a súa posición.

Tramo 2. Variante aérea entre apoios 49N-50N. A variante proxectada comprende un novo tramo aéreo entre os apoios núm. 49N e núm. 50N de 225,75 metros de lonxitude. Este novo trazado require a eliminación do trazado anterior desde o apoio 49 ata o apoio 58N (3.304,88 metros). O apoio 50N é de transición aéreo-subterránea para continuar en canalización baixo tubo formigonada ata a SE de Lalín. Variante subterránea. A variante subterránea proxectada, que ten unha lonxitude de 4.078 m, con inicio no citado apoio 50N, con paso A/S, discorrerá en canalización formigonada baixo tubo por terreo natural, camiño e terreo asfaltado pola marxe da estrada N-525 ata a súa chegada á SE de Lalín.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental das instalacións. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución denominado modificado por soterramiento en tramo final da LAT O Irixo-Lalín 132 kV. Chegada a Lalín (17.3.2021-visado o 22.3.2021), que foi redactado polo enxeñeiro industrial Ricardo Lago Alonso, colexiado núm. 2221 do ICOIIG.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados (RBDA) presentada no 21 de febreiro de 2022.

3. O estudo de impacto ambiental LAT 132 kV O Irixo-Lalín (EIA) (marzo de 2021) e o estudo de impacto e integración paisaxística LAT 132 kV O Irixo-Lalín (marzo de 2021).

4. A memoria de avaliación de impacto cultural, código 2021/04/P803 (xullo de 2021).

5. A modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da LAT 132 kV O Irixo-Lalín (proxecto de interese autonómico) (novembro de 2021).

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións eléctricas (de distribución e transporte). A atención será telefónica nos números 988 38 67 11 e 986 80 52 51.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir ás xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º, 32003 Ourense e avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa nos números de teléfono indicados, así como nas dependencias dos concellos afectados.

Ourense, 22 de febreiro de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto denominado modificado da LAT O Irixo-Lalín 132 kV;
expediente IN407A 2007/169-3

Nº de parcela Proxecto

Propietario

Datos catastrais

Cultivo

Afección solo

Afección voo

Pol.

Parc.

Lugar

Nº apoio

Superficie
(m2)

Subterráneo (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

Concello do Irixo

276-1

Palmira Taboada Taboada
Representante:
Jesús Ferradás Taboada

11

1195

Chousa de Seixas

Monte baixo

-

-

-

27

900

Concello de Dozón

599

Hros. de Manuel González Pérez
Representante:
Juan Carlos Sueiro González

354

2524

A Costa

Monte

-

-

-

41

1.308

601

Nieves Rodríguez Rodríguez e outros

354

2526

A Costa

Monte

-

-

-

35

1.129

602

Hros. Manuel González Pérez
Representante:
Juan Carlos Sueiro González

354

2527

Acosta

Monte

-

-

-

36

1.145

603

Áurea Crespo Cibeira

354

2528

A Costa

Monte

-

-

-

38

1.209

604

Áurea Crespo Cibeira

354

956

Val do Silva

Monte

-

-

-

76

2.649

606

Áurea Crespo Cibeira

354

954

Val do Silva

Monte

-

-

-

-

48

607

Nieves Rodríguez Rodríguez e outros

354

951

Val do Silva

Monte

-

-

-

89

2.273

608

Nieves Rodríguez Rodríguez e outros

354

941

Val do Silva

Monte

-

-

-

-

113

609

CMVMC dos veciños de Santo Domingo

354

2367

Val Pallar

Monte

37N

35

-

142

4.482

610

María Elicia Rojel García

José Fernández Rojel

354

2366

Val Pallar

Monte

-

-

-

-

67

612

María Remedios Varela Vence

354

2378

Fraga

Monte

-

-

-

113

3.525

614

José Alfredo Reboredo Mundín

53

60

Fraga

Monte

-

-

-

-

17

615

María Remedios Varela Vence

53

61

Fraga Dentro

Monte

-

-

-

127

4.036

634

José López López

53

268

Leira Grande

Labradío

-

-

-

-

16

636-1

José López López

53

281

Costa

Monte

-

-

-

109

2.634

637

CMVMC dos veciños de Zudreiro

53

282

Comunal

Prado

-

-

-

86

1.973

638

CMVMC dos veciños de Zudreiro

353

488

Comunal

Monte

39 e 41

36

-

599

17.830

923

José López López

354

2375

Fraga

Monte

-

163

924

Hros. de Rosalía Varela Cacheda
Repesentante:
Celso Senra Varela

53

570

Toxal

Monte

38N

35

45

1.449

927

Manuel López Ferreiro

53

28

Braña

Monte

-

255

928

Hros. de María López Fernández

53

29

Pradodolavadoiro

Monte

28

354

930

Hros. de María López Fernández

53

31

Campodomuíño

Monte

-

22

934

Hros. de Otilia López Ferreiro

53

275

Ameneiros

Monte

23

574

936

Celso Senra Varela

53

271

Leiragrande

Monte

-

70

Concello de Lalín

761

Hros. de Manuela Vázquez Gómez

95

149

Muro Novo

Monte alto

-

-

-

-

351

945

Hros. María Olga Baldonedo Iglesias

95

146

Muro Novo

Monte

-

-

-

37

924

948

Elías Touceiro Carrera (83 %)
María Nélida Iglesias López (17 %)

95

534

Os Casares

Monte

-

-

-

-

49

949

Elías Touceiro Carrera (83 %)
María Nélida Iglesias López (17 %)

95

245

Os Casares

Monte

-

-

-

-

7

950

Camilo González Bolaño

95

145

Muro Novo

Monte

-

-

-

36

1.048

951

Camilo González Bolaño

95

533

Os Casares

Monte

-

-

-

-

44

952

Tito Orlando Reboredo Reboredo

95

532

Os Casares

Monte

-

-

-

-

35

953

José Iglesias Fernández (20 %)
Pilar Iglesias Fernández (20 %)
Carmen Iglesias Fernández (20 %)
José Iglesias Fernández (20 %)
Manuel Andrés Iglesias Fernández (20 %)

95

531

Os Casares

Monte

-

-

-

-

17

955

José Iglesias Fernández (20 %)
Pilar Iglesias Fernández (20 %)
Carmen Iglesias Fernández (20 %)
José Iglesias Fernández (20 %)
Manuel Andrés Iglesias Fernández (20 %)

95

142

Zarra

Dos Casares

Monte

50N

250

47

10

236

956

María Sara Vázquez Surribas

95

235

Os Casares

Monte

-

-

-

-

19

958

María Paz Vázquez Surribas (12,50 %)
José Vázquez Surribas (12,50 %)
María Sara Vázquez Surribas (12,50 %)
María del Carmen Vázquez Surribas (12,50 %)
Jesus Vázquez Surribas (12,50 %)
Hros. de Felisindo Vázquez Surribas (12,50 %)
Luis Vázquez Surribas (12,50 %)
Celia Vázquez Surribas (12,50 %)

95

237

Os Casares

Monte

-

-

-

-

2