A persoa representante da titularidade do Centro Privado (CPR) Plurilingüe Possumus, de Vigo, solicita a autorización de 1 unidade de educación especial.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización para 1 unidade de educación especial no centro que se sinala a seguir:
Denominación xenérica: Centro Privado (CPR) Plurilingüe.
Denominación específica: Possumus.
Código do centro: 36011491.
Domicilio: rúa Purificación Saavedra, nº 62.
Código postal: 36207.
Localidade: Vigo.
Concello: Vigo.
Provincia: Pontevedra.
Titular: Sociedad Cooperativa Limitada de Enseñanza Possumus.
Composición resultante:
• 3 unidades do segundo ciclo de educación infantil.
• 6 unidades de educación primaria.
• 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.
• 1 unidade de educación especial.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Modificación da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2022
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade