Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2022 Páx. 17414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia para os efectos do coñecemento da Resolución do 15 de febreiro de 2022.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación obxecto deste anuncio ao interesado con DNI número 32764041N na forma prevista nos artigos 41 e 42 do citado texto legal, procédese a publicar indicación do dito acto administrativo, por entender que a súa publicación íntegra podería lesionar dereitos e intereses lexítimos.

O interesado que se cita, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, para o coñecemento íntegro da dita resolución, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, As Fontiñas, Santiago de Compostela. A comparecencia efectuarase das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da comparecencia ou, transcorrido o prazo sen que esta se efectuase, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra a resolución que se notifica, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, ou ben recurso potestativo de reposición, ante este mesmo centro directivo, no prazo dun mes.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2022

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Acto de notificación: resolución da Dirección Xeral de Xustiza.

Data da resolución: 15 de febreiro de 2022.

Interesado: 32764041N.

Último enderezo coñecido: avenida da Concordia, 14, 3º D, 15009 A Coruña.