Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional |
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Entidade adxudicadora.
Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaorganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e á páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
Tipo de contrato: servizo.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).
2. Obxecto do contrato.
Título: contrato de servizo para a elaboración do estudo de boas prácticas de economía circular en sistemas de saneamento e depuración, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do proxecto Innovaugas 4.0.
Clave do expediente: GA.21165.
CPV (referencia de nomenclatura): 71311000-1 servizos de consultoría en enxeñaría civil.
Orzamento base: importe neto: 14.950,00 euros. Importe total: 18.089,50 euros.
Prazo de execución: 6 meses.
Importe da adxudicación: importe neto: 13.531,00 euros. Importe total: 16.372,51 euros.
Empresa contratista: Cuartazona Ingeniería, S.L.
3. Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea: actuación referida no punto 2 anterior cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.
A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 1: potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación; prioridade de investimento 1.b: fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular, mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes; obxectivo específico 1.2.1: impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora; actuación 1.2.1.4: liña de fomento da innovación desde a demanda (FID) e da compra pública innovadora (CPI) (segundo o documento de criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO).
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2022
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia