Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2022 Páx. 17209

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2022 pola que se declara deserto un posto vacante nesta consellería, convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, mediante a Resolución do 22 de outubro de 2021.

Mediante a Resolución do 22 de outubro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 210, do 2 de novembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación e Universidade que se detalla no anexo desta resolución e, de conformidade co establecido na base sexta da citada convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Análise de Datos de Persoal Docente.

Código do posto: ED.402.00.002.15770.071.

Dependencia: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: xeral/docente.

Complemento específico: 17.499,30 euros.

Tipo de adscrición: A17.

Área funcional: PER.

Formación específica: 640.

Descrición dos códigos:

A17-Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA., e persoal docente con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

PER-Persoal.

640-Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).