Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2022 Páx. 17233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (expediente ANI-CO-0078/2021-V e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na Coruña, segundo o Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sita no Edificio Administrativo Monelos, r/ Vicente Ferrer, 2-8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 25 de febreiro de 2022

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 27.6.2019)
Lucas Blanes Fernández
Xefe do Servizo de Patrimonio Natural da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado

ANI-CO-0078/2021-V

Pablo Torres García

Acordo de inicio

Pola xefa territorial

ANP-CO-0001/2022-V

María Luz Lijó Piñeiro

Acordo de inicio

Pola xefa territorial

ANP-CO-0002/2022-V

Dominique Françoise Crelerot

Acordo de inicio

Pola xefa territorial