Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2022 Páx. 17133

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de aprobación da actualización de propietarios afectados polo Plan especial de infraestruturas e dotacións da senda fluvial do río Maior.

Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 13 de xaneiro de 2022, aprobouse a actualización da relación de propietarios afectados polo Plan especial de infraestruturas e dotacións da senda fluvial do río Maior, promovido polo Concello de Bergondo, mantendo as actuacións practicadas, sen que supoña modificación do proxecto xa aprobado.

O instrumento de planeamento e o expediente sométense a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia en nun dos xornais de maior difusión da provincia, de conformidade co previsto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, o expediente poderá ser consultado, mediante ligazón na sede electrónica do Concello: https://sede.bergondo.gal/opencms/es/informacion/tablon/2022/ANUNCIO_PROG_20220218110000116.html

Bergondo, 4 de marzo de 2022

Patricia María Vázquez Figueroa
Alcaldesa en funcións