Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2022 Páx. 17020

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 2 de marzo de 2022 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante nesta consellería.

Mediante a Orde do 14 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 15, do 24 de xaneiro) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e o artigo 17.4 do citado decreto, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle o destino, no posto de traballo que se indica, á persoa funcionaria de carreira que se relaciona no anexo I da presente orde.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do citado Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión no novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, realizará dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Apelidos e nome: María Isabel Pérez Fórneas.

NIF: ***7188**.

Subgrupo: A2.

Corpo ou escala: corpo facultativo de grao medio, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas.

Posto de traballo: director/a biblioteca.

Código do posto: ED.C99.50.101.27001.001.

Nivel: 26.

Centro directivo ou dependencia: Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Localidade: Lugo.

* O NIF amósase cifrado coa finalidade de protexer os datos de carácter persoal.