Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2022 Páx. 17087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/25-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América 38, 28028 Madrid.

Denominación: RET. LMT DC BAL708-702 e BAL708-706 e CS Baixada Gándara.

Situación: Vigo.

Características técnicas:

– LMT aérea (actuación 1) a 15 kV con condutor tipo LA 110 de 0,109 km de lonxitude (retensado), con orixe no apoio existente 9U57LR23//D24 e final no apoio proxectado C-9000/22 (pto. 1).

– LMT aérea (actuación 2) a 15 kV con condutor tipo LA 110 de 0,051 km de lonxitude (retensado), con orixe no apoio proxectado C-9000/18 (pto. 2) e final no apoio existente 9TVA8E2U//D29.

– LMT subterránea (actuación 1) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 0,129 km de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-9000/22 (pto. 1) e final na cela de liña do CR Camiño do Romeu (36CFT5).

– LMT subterránea (actuación 2) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 0,926 km de lonxitude, con orixe na cela de liña do CR Camiño do Romeu (36CFT5) e final na LMTS existente BAL7023318 (cambiará a BAL708) (nó U).

– LMT subterránea (actuación 3) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 0,032 km de lonxitude, con orixe na LMTS existente BAL7023318 (cambiará a BAL708) (nó U), e final na LMTS existente BAL7023318 (cambiará a BAL708) unha vez que alimente o CS proxectado (nó J).

– LMT subterránea (actuación 4) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 0,129 km de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-9000/22 (pto. 1) e final na cela de liña do CR Camiño do Romeu (36CFT5).

– LMT subterránea (actuación 5) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 0,926 km de lonxitude, con orixe na cela de liña do CR Camiño do Romeu (36CFT5) e final na LMTS existente BAL7023318 (nó T).

– Centro de seccionamento situado na parcela con referencia catastral 9118968NG1791N0001RI.

A instalación está situada no lugar da Gándara, Coruxo, Vigo.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase ao dispor do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 16 de febreiro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Vigo; paraxe: CM Pereiras-Comesaña 70; titular: descoñecido; afección: 22,64 m² para o apoio 1 (C-9000/22) e 142,75 m² para 48 metros de liña subterránea.