Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2022 Páx. 16906

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourol

ANUNCIO de aprobación de cambio de uso de parcelas municipais.

O Pleno do Concello de Ourol, en sesión extraordinaria do día 16 de febreiro de 2022, adoptou, por unanimidade de todos/as os/as concelleiros/as presentes (7), o acordo de cambio de uso de parcelas municipais e, así mesmo, acordou remitir a certificación do devandito acordo á Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Vivenda, así como á Deputación Provincial de Lugo, e a publicación nos correspondentes diarios oficiais.

O cambio de uso aprobado foi o seguinte:

• Situación actual:

– Espazos libres locais: sl-ZV2 Zona verde 2.

Superficie total: 4.215,96 m².

Superficie que computa dentro do ámbito: 1.980,34 m².

Ordenanza de aplicación: UR-4 espazos libres e zonas verdes.

– Aproveitamento non lucrativo (dotacións xerais): sx-SA-dotacional xeral.

Uso: dotacional sanitario asistencial.

Superficie total: 1.491,51 m².

Superficie de ocupación máxima en planta: 760,97 m².

Coeficiente de edificabilidade: 2 m²/m².

Edificabilidade total: 2.983,02 m².

Ordenanza de aplicación: UR-3 dotacións.

• Cambio de uso. Nova situación:

– Espazos libres locais: sl-ZV2 Zona verde 2.

Superficie total: 3.430,00 m².

Superficie que computa dentro do ámbito: 1.980,34 m².

Ordenanza de aplicación: UR-4 espazos libres e zonas verdes.

– Aproveitamento non lucrativo (dotacións xerais): sx-SA-dotacional xeral.

Uso: dotacional sanitario asistencial.

Superficie total: 2.277,47 m².

Superficie de ocupación máxima en planta: 760,97 m².

Coeficiente de edificabilidade: 2 m²/m².

Edificabilidade total: 4.554,94 m².

Ordenanza de aplicación: UR-3 dotacións.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP de Lugo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que se crea oportuno.

Ourol, 1 de marzo de 2022

José Luis Pajón Camba
Alcalde presidente