Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2022 Páx. 16923

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para o axuste de aliñacións de vía pública en Mosteirón 9, na parroquia de Mosteirón.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 27 de maio de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para o axuste de aliñacións de vía en Mosteirón, 9, na parroquia de Mosteirón (documento de outubro de 2020), promovido por Juan Rodríguez Couce e Antonia Fernández Sabio, coa seguinte condición: «Os propietarios das parcelas están obrigados á conservación e mantemento das obras de urbanización da vía durante o prazo de cinco anos contados desde a recepción das obras polo concello».

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Sada, 4 de febreiro de 2022

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde