Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2022 Páx. 16851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN661A 2007/6-1, no concello de Vimianzo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do parque eólico Alto da Croa, no concello de Vimianzo (expediente IN661A 2007/6-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que se detalla, e que terá lugar nas dependencias do referido concello.

A Coruña, 22 de febreiro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2007/6-1.

Entidade beneficiaria: Greenalia Wind Power Alto da Croa, S.L.U.

Denominación da instalación: Parque Eólico Alto da Croa.

Concello: Vimianzo.

Predio

Titularidade proposta

Data

Hora

81

Herdeiros de Herminda Suárez Paz

8.4.2022

12.00

83

Herdeiros de Herminda Suárez Paz

8.4.2022

12.00