Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2022 Páx. 16419

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se dá publicidade do convenio de colaboración asinado coa Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de medidas de transversalidade de xénero nas políticas activas de emprego no ámbito da economía social, Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O Consello Europeo aprobou, o pasado 21 de xullo de 2020, o instrumento financeiro NextGenerationEU, que inclúe como elemento central un mecanismo para a recuperación e a resiliencia; e, con data do 27 de abril de 2021, por acordo do Consello de Ministros aprobouse o proxecto de Plan de recuperación, transformación e resiliencia para España.

No marco do dito Plan de recuperación, transformación e resiliencia, a Consellería de Emprego e Igualdade articulou programas mediante convenios de colaboración con financiamento da Unión Europea-NextGenerationEU, o que determina a necesidade da súa publicación.

En consecuencia, a través desta resolución, dáse publicidade ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de medidas de transversalidade de xénero nas políticas activas de emprego no ámbito da economía social, Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, coas seguintes características:

– Obxecto do convenio: establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de medidas que favorezan a incorporación da perspectiva de xénero no ámbito da economía social en Galicia.

– Prazo de vixencia: desde a súa sinatura ata o 31 de decembro de 2022.

– Importe: cento dezasete mil seiscentos corenta e oito euros (117.648 €), IVE incluído, con cargo á aplicación orzamentaria 11.03.324A.227.99 (proxecto 2022 00096 «Convenio coa USC para favorecer a transversalidade de xénero nas políticas activas de emprego»).

– Data de sinatura: 18 de febreiro de 2022.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2022

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade