Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2022 Páx. 16517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderán ser afiliados/as do sindicato aqueles agricultores e agricultoras, gandeiros e gandeiras, ou silvicultores e silvicultoras; xa como titulares, como axuda, xa como cooperativistas ou socios/as de calquera forma asociativa, traballen terras propias ou alleas.

Asinantes: Adolfo Cabarcos e Xosé Pérez.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais