Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2022 Páx. 16359

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2022/23.

Para o obxecto de dar continuidade ao proxecto Educación dixital (E-Dixgal) para o curso 2022/23,

DISPOÑO:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (http://www.edu.xunta.gal/portal/) estará dispoñible a convocatoria de selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) para o curso 2022/23.

Segundo. Que o prazo para presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que os centros deberán presentar a solicitude mediante o procedemento establecido no punto noveno.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2022

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional