Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2022 Páx. 16493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se lle notifica á persoa interesada a resolución ditada no expediente PR905A 2021/1091.

Intentada a notificación persoal da resolución a través do servizo de Correos no domicilio que consta no correspondente expediente, esta non puido efectuarse. Por este motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ditada á persoa interesada.

A persoa interesada poderá coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, número 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2022

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR905A 2021/1091.

Interesado/a: 33185567V.

Acto notificado: Resolución do 29 de decembro de 2021 pola que se lle concede unha axuda extraordinaria ao abeiro da Resolución do 3 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias e as de reforzo COVID-19 a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.