Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2022 Páx. 16344

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do acordo marco coa Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais.

Con data do 1 de marzo de 2022, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) asinaron un acordo marco para o desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, con cargo a fondos europeos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia ao abeiro do convenio do 27.8.2021, entre o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e a Comunidade Autónoma de Galicia.

O texto íntegro do devandito acordo e o modelo de solicitude para participar no Plan de investimentos para o financiamento da construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais están publicados na páxina web do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar na ligazón:

https://www.igualdadebenestar.org/anuncios/anuncio.php?id=966&lg=gal

As solicitudes para participar neste plan de investimentos deberán dirixirse ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e presentarse electronicamente ata o día 22 de abril de 2022.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2022

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar