Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2022 Páx. 16185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 9 de febreiro de 2022, de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola de varias parcelas no termo municipal de Palas de Rei.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 9 de febreiro de 2022, o cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 141, 145, 146, 167 e 172 do polígono 105, as parcelas 1, 176, 177 e 178 do polígono 98 e as parcelas 134, 431, 448 e 449 do polígono 96, no termo municipal de Palas de Rei.

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 18 de xaneiro de 2022.

Lugo, 14 de febreiro de 2022

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo