Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2022 Páx. 16181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento administrativo BS611A (expediente LU-0000050458 e cinco máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuala por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para proceder á notificación das resolucións ditadas nos procedementos instados por elas relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos da notificación, as persoas interesadas ou as persoas que legalmente as representen poderán comparecer para ter coñecemento íntegro do acto e constancia deste, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra de Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que contra estas resolucións poderán interpoñer a reclamación previa á vía xurisdicional social no prazo de 30 días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da notificación practicada por comparecencia, conforme o artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Lugo, 20 de xaneiro de 2022

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Proc. BS611A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

LU-0000050458

76569717A

Resolución falecemento

15.12.2021

LU-0000055658

76598102Y

Resolución falecemento

16.9.2021

LU-0000055340

X3508430X

Resolución falecemento

21.7.2021

LU-0000055749

33712880D

Resolución falecemento

23.9.2021

LU-0000058393

76782343V

Resolución falecemento

11.11.2021

LU-0000056097

33020850A

Resolución falecemento

1.12.2021