Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2022 Páx. 16177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente VI-89569 e dous máis).

Logo de tentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio emprázase ás persoas citadas no dito anexo ou ás persoas que ás representen debidamente acreditadas, para a notificación do requirimento de emenda ditado no procedemento que se indica, competencia desta xefatura territorial. No prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do acto que se notifica, advertíndolles que, de non facelo así, se lles terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, de non atenderen o acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de dez (10) días a partir do día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 24 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito a prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Vigo, 13 de xaneiro de 2022

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/VI-89569

14221420Z

Requirimento emenda da solicitude

16.9.2021

BS210A/PO-83582

Y7560015K

Requirimento emenda da solicitude

23.11.2020

BS210A/VI-84730

34451024Z

Requirimento emenda da solicitude

19.1.2021