Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2022 Páx. 16157

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

EXTRACTO da Resolución do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do Programa de unidades mixtas de investigación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (códigos de procedemento IN853A, IN853B e IN853C).

BDNS (Identif.): 612461.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha ou varias empresas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que formen parte dunha unidade mixta de investigación para o desenvolvemento de forma conxunta e coordinada de actividades de I+D+i.

No marco desta resolución consideraranse organismos de investigación:

– Os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia.

– As universidades do Sistema universitario galego.

– Os centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas.

– As fundacións de investigación sanitaria de Galicia.

– Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.

As empresas integrantes das unidades mixtas de investigación poderán ser pequenas, medianas e grandes, segundo as definicións do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE núm. 187, do 26 de xuño).

Segundo. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Galega de Innovación no marco do Programa de unidades mixtas de investigación mediante as seguintes modalidades de axuda:

• Modalidade A: axudas para a creación e posta en marcha de novas unidades mixtas de investigación, procedemento IN853A.

• Modalidade B: axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación, procedemento IN853B.

• Modalidade C: axudas para centros mixtos de investigación, procedemento IN853C.

Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2022 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva; as axudas concedidas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Contía

O importe total da convocatoria é de 12.000.000,00 euros, coa seguinte distribución:

Modalidade

Beneficiarios

Capítulo orzamentario

Crédito (en euros)

Ano 2022

Ano 2023

Ano 2024

Ano 2025

Total

Mod. A (IN853A)

Organismos de investigación privados

06.A2.561A.781.0

2015 00016

642.500,00

900.000,00

862.500,00

750.000,00

3.155.000,00

Organismos de investigación públicos

06.A2.561A.744.0

2015 00016

7.500,00

300.000,00

287.500,00

250.000,00

845.000,00

Total

650.000,00

1.200.000,00

1.150.000,00

1.000.000,00

4.000.000,00

Mod. B (IN853B)

Organismos de investigación privados

06.A2.561A.781.0

2015 00016

637.500,00

900.000,00

862.500,00

750.000,00

3.150.000,00

Organismos de investigación públicos

06.A2.561A.744.0

2015 00016

12.500,00

300.000,00

287.500,00

250.000,00

850.000,00

Total

650.000,00

1.200.000,00

1.150.000,00

1.000.000,00

4.000.000,00

Mod. C (IN853C)

Organismos de investigación privados

06.A2.561A.781.0

2015 00016

520.000,00

660.000,00

720.000,00

600.000,00

2.500.000,00

Organismos de investigación públicos

06.A2.561A.744.0

2015 00016

180.000,00

440.000,00

480.000,00

400.000,00

1.500.000,00

Total

700.000,00

1.100.000,00

1.200.000,00

1.000.000,00

4.000.000,00

Total

2.000.000,00

3.500.000,00

3.500.000,00

3.000.000,00

12.000.000,00

A distribución de fondos entre as modalidades de axuda, aplicacións orzamentarias, tipoloxía de beneficiarios e anualidades sinaladas na táboa anterior é unha previsión que deberá axustarse segundo a valoración das solicitudes recibidas, e será posible incluso a incorporación de novas aplicacións orzamentarias e de novos conceptos de gasto tendo en conta a natureza das entidades beneficiarias, sempre sen incrementar o crédito total.

Intensidade das axudas: 40 % do orzamento da unidade mixta que se considera subvencionable, cun máximo de 3.000.000,00 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Outros datos.

Poderase anticipar ata o 60 % do importe da subvención concedida para cada anualidade.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación