Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2022 Páx. 15428

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 27 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación (código de procedemento TR807I), e o Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (código de procedemento TR340E), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.

Advertidos erros materiais na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 35, do luns 21 de febreiro de 2022, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 12133, no artigo 18 hai un erro material e onde di: «Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021...», debe dicir: «Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 ...».

Na páxina 12136, no artigo 22.3 hai un erro material e onde di: «3. ... ata o 20 de decembro de 2021»,

debe dicir: «3. ... ata o 20 de decembro de 2022».

Na páxina 12137, no artigo 23.7 hai un erro material e onde di: «...ata o 20 de decembro de 2021», debe dicir: «...ata o 20 de decembro de 2022».