Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2022 Páx. 15496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2022/8-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Xesnova Global, S.L.

Domicilio social: rúa San Antoniño, 65, 1º I, 36002 Pontevedra.

Denominación: LMTS, CS polígono de Nantes, parcela 702.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 15 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS existente SAX803, entre os centros 36CBCR e 36CBCS, unha vez entre e saia do centro de seccionamento proxectado. Centro de seccionamento, con celas compactas prefabricadas baixo envolvente metálica, con illamento e corte en SF6, situado na parcela 702 do polígono de Nantes, Sanxenxo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra