Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2022 Páx. 15439

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefatura do Grupo de Persoal de Xestión e Servizos de Sistemas e Tecnoloxías da Información na Área de Xestión e Calidade do Servizo de Informática.

Mediante a Resolución do 1 outubro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 198, do 14 de outubro), convocouse a provisión, polo sistema de concurso de méritos, un posto de xefatura do Grupo de Persoal de Xestión e Servizos de Sistemas e Tecnoloxías da Información, na Área de Xestión e Calidade do Servizo de Informática.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar o posto de xefatura de Grupo de Persoal de Xestión e Servizos de Sistemas e Tecnoloxías da Información, na Área de Xestión e Calidade do Servizo de Informática na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, ao/a aspirante que acadou a maior puntuación:

• García Sayar Ángel Luís ***6098**.

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

Segundo. O/a aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, no prazo de sete días hábiles, se son de distinta área de saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/a interesado/a os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. O/a aspirante seleccionado/a obterá un nomeamento para o desempeño do posto por un período inicial de catro anos de duración. Antes da finalización do referido período, o/a profesional seleccionado/a será avaliado/a para os efectos da súa prórroga, por idéntico período, ou remoción. Neste último caso, darase previamente audiencia ao/á interesado/a.

Cuarto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 22 de febreiro de 2022

José Ramón Gómez Fernández
Xerente da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés