De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-636/2021-PPM e tres máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.
A Coruña, 17 de febreiro de 2022
Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-CO-636/2021-PPM |
44809599X |
Inicio |
Pasadizo de Brión, 3-4, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña |
PSC-CO-652/2021-ORS |
53482898D |
Inicio |
Piñeiro, 42, Argalo, 15200 Noia, A Coruña |
PSC-CO-695/2021-PRE |
44818094H |
Inicio |
Lg. Vilas, Bastavales, 14, 15280 Brión, A Coruña |
PSC-CO-697/2021-PPM |
53795994Y |
Inicio |
Cabío, Maño, 14, 15940 A Pobra do Caramiñal, A Coruña |