Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Tecnorenova Solar, S.L.U.
Domicilio social: polígono industrial Sete Pontes, rúa Cerdeira P-A2B, 27800 Vilalba.
Denominación: LMT subterránea e novo CS Porto Barroso para NS 21303 a FV Porto Barroso.
Situación: concello de Vilalba.
Características técnicas principais:
• LMT soterrada en dobre circuíto cunha lonxitude de 33 metros cada un, con orixe no apoio P1A (expediente 40-2021-AT) e final no CS proxectado, en condutor RHZ1-240 mm.
• Centro de seccionamento Porto Barroso en edificio prefabricado tipo PFU-4, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de interruptor automático.
Finalidade da instalación: nova subministración.
Orzamento: 88.737,33 euros.
Documentación complementaria:
• Separata para o Concello de Vilalba.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira: as instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá realizarse por técnico competente.
Segunda: a peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira: en todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.
Lugo, 14 de febreiro de 2022
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo