Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 15032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación da resolución de modificación do acordo da zona de reestruturación parcelaria de Mandín-Feces de Abaixo-Feces de Cima (Verín).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar realizaranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, a persoa interesada citada no anexo poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Para garantir o cumprimento das medidas de distanciamento social, previstas con motivo da pandemia causada pola COVID-19, para efectuar a referida comparecencia deberá concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 11 de febreiro de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Acto que se notifica

Zona de concentración

34709173B

Resolución

Mandín-Feces de Abaixo-Feces de Cima (Verín-Ourense)